Narón organiza un obradoiro infantil e un espectáculo de narración oral

O Concello de Narón conmemora o Día Internacional das Bibliotecas cun obradoiro creativo programado para este sábado 26, ás 11.00 horas na Biblioteca municipal.

Así o anunciou a edil responsable da área, Olga Ameneiro, que informou que a proposta consistirá na elaboración dunha saia perfecta a través dos retallos que farán os nenos a partir de 4 anos dende os retallos que xurdirán dos pensamentos e sentimientos ou ideas que a cada un deles lles inspire a biblioteca.

O obradoiro Bibliosaia, que é como se denomina esta iniciativa creativa infantil, dará comezo ás 11.00 e require inscrición previa. As inscricións poderán realizarse a partir de mañá ás 16.00 horas de xeito presencial na Biblioteca ou chamando ao número 981 382 173 en horario de apertura.

Os menores deben ter os 4 anos cumpridos e o carné da rede de bibliotecas sen sancións pendentes. A programación da Biblioteca inclúe ademais unha proposta previa, que terá lugar este venres, día 25. Dani Blanco ofrecerá un espectáculo para público xuvenil e adulto onde a teoría do caos e as revolución históricas se entrelazan coa obra mestra de Xosé Neira Vilas, Memorias dun neno labrego.

Nun ton humorístico a peza, que dará comezo ás 19.30 horas, levará a o espectador a unha viaxe que é unha homenaxe á revolución desencadeada pola obra do citado autor. Partindo da famosa idea de que o bater de ás dunha bolboreta en Australia pode provocar un furacán en América, este espectáculo transportaranos dende Buenos Aires ata a caída do Muro de Berlín. No camiño, farase unha parada en momentos icónicos como o maio do 68 en París ou fenómeno musical dos Tamara.

A voz de Dani Blanco estará acompañada do acordeón de Zé Pumar, que interpretará cancións de George Brassens. A entrada é libre e de balde ata completar o aforo da sala.

Lea también

Narón súmase ao chamamento da Mancomunidade para un consumo responsable de auga

Os concellos da comarca manteñen dende xullo medidas de aforro, que continúan vixentes ante a …