O Plan de Sostibilidade Turística en Destino (PSTD) Proxecto de Xeoparque Cabo Ortegal ten por obxecto o deseño e posta en marcha dun produto turístico especializado, enmarcado no recentemente nomeado Xeoparque mundial da UNESCO Cabo Ortegal, apostando polo xeoturismo como eixo condutor sobre o que desenvolver unha estratexia de dinamización e desenvolvemento sostible do territorio.
Este PSTD consta de 25 actuacións estruturadas arredor de 4 eixes prioritarios: transición verde e sostible, eficiencia enerxética, transición dixital e mellora da competitividade turística. A Deputación provincial de A Coruña é o órgano executor deste PSTD que conta ca financiación dos fondos NEXT GENERATION EU.
Unha destas actuacións é un Plan de mellora e acreditación de pequenas empresas turísticas (aloxamentos, guías, actividades…) con especial atención en aquelas empresas xa existentes que presten servizos relacionados coa promoción de produtos locais e a produción artesanal no territorio do Xeoparque Cabo Ortegal.
O pasado 2 de outubro celebrouse a primeira reunión para comezar a realizar un diagnóstico de partida do tecido empresarial. A reunión consistiu nunha xornada de traballo en conxunto, que permitiu identificar fortalezas e debilidades das empresas respecto á promoción dos produtos agroalimentarios e artesanais, competitividade e grado de dixitalización e coñecemento do Xeoparque.
A segunda xornada participativa desta actuación terá por principal finalidade definir conxuntamente as accións de mellora máis importantes que precisan as empresas, así como deseñar o futuro Sistema de Acreditación de Empresas do Xeoparque. O Obradoiro 2 do grupo de traballo de empresas terá lugar o mércores 23 de outubro de 17:00h a 20:00 horas, na Escola O Castro, Soocastro, 15530, Cerdido.
https://maps.app.goo.gl/4uhxg2YwNqhZY4AW7
As inscricións están abertas e realizaranse a través dos seguintes medios:
geoparque.ortegal.hidria@gmail.com Telf. +34 671 90 74 66 (Paula Aradas)
Dentro do PSTD estanse a desenvolver outras actuacións en paralelo, como as reunións do Grupo de Traballo de Entidades para a implantación de indicadores ETIS (European Tourism Indicator System), e dun modelo de xestión como “Destino turístico sostible” do Xeoparque Cabo Ortegal.