Homenaxe ó Club Remo de Ares polos bos resultados alcanzados

A concellaría de Deportes de Ares promove este sábado 26 de outubro ás 12:00 horas unha recepción institucional no consistorio para homenaxear os resultados do Club Remo de Ares, exemplo de traballo e bo facer tanto na canteira como no seu desempeño sénior. 

Nesa xornada, conmemoraranse os últimos logros deportivos co Campionato Galego de Traiñeiras –a primeira vez na historia do club en gañalo–, a obtención do título da Liga Galega de Traiñeiras (LGT), a Bandeira Teresa Herrera e o propio ascenso á ACT, levando o nome de Ares ao máis alto do remo nacional.

Xunto á tripulación dos adultos, como parte da homenaxe, estarán as gañadoras do Campionato Galego de Remo Olímpico en cuatro scull femenino infantil, que contribúen ao prestixio da entidade de remo local. 

Os dous equipos serán recepcionados polos representantes municipais e recibirán un agasallo conmemorativo, amais de estampar a súa sinatura no Libro de Ouro do Concello. 

FOTO HISTÓRICA DO CLUB DE REMO 

Xusto despois de formalizar a recepción por parte do Concello, o Club de Remo de Ares convoca ás 12:30 horas a todos os remeiros e remeiras que nalgún momento da súa historia formaron parte da entidade deportiva a achegarse até a contorna da casa consistorial para facer unha fotografía conxunta. 

Para o Club de Remo, a instantánea ten carácter “histórico”, ao inmortalizar a moitas das persoas que o conformaron, amais de amosar en certa maneira o impacto do remo nun gran número de veciños que na actualidade continúan a apoialos no día a día. Unha fotografía que fala, tamén, de todos os remeiros que axudaron a dar os pasos que levaron ao Club de Remo de Ares até este presente de boas novas.

Lea también

Venta de entradas para el partido del próximo lunes entre el Elche CF y el Racing de Ferrol

Las localidades pueden adquirirse hasta el próximo jueves día 3 a las 17.00 horas. El …

Un comentario

  1. O remo en Ares é considerado o deporte nº entre os cibdadans de Ares e a súa contorna, a tenor dos éxitos logrados a o longo da sua historia. Un clube humilde, pero moi ben estructurado, mellor dirixido po-las xentes que até o día de hoxe dirixiron e continuaran dirixindo, mais sobor de todo, con unhos deportistas con sentimento de ser parte do clube dos seus amores. ¡¡ DALLE AAREESS !! .