Fene realiza un estudo para mellorar a rede de abastecemento e reducir as perdas de auga

O Concello de Fene vén de dar un paso importante na mellora da súa rede de abastecemento de auga, coa realización dunha auditoría que permitiu identificar e adiante as solución ás principais deficiencias detectadas. O estudo, que foi adxudicado por un total de 9.290,80 € á empresa Saopaypro SL, inclúe propostas detalladas para reducir as perdas de auga, que actualmente se sitúan no 32%.

O concelleiro de obras, Manuel Polo, destacou que “este estudo axúdanos a coñecer en profundidade o estado actual da rede e a planificar as actuacións necesarias para garantir un servizo de calidade. A renovación de tramos de fibrocemento e a modernización do equipamento serán claves para evitar perdas innecesarias e mellorar a eficiencia do sistema”.

Entre as conclusión deste estudo destacan tres medidas a adoptar. O primeiro deles é a renovación da rede de fibrocemento, un total de 7.746 metros de tubaxe cuxa avanzada idade aumenta o risco de roturas. Proponse a renovación prioritaria de tramos críticos como a rúa Tellerías e o cruce da avenida das Pías, cuxa proxecto xa está en marcha por parte do goberno local.

Por outra banda, tamén apunta o estudo á necesidade  de realizar campañas de busca de fugas, adoptando tecnoloxías como Permalog, que permite localizar fugas de maneira eficiente. E por último, o informe propón a subdivisión da rede en 11 sectores, o que permitiría un control máis preciso dos caudais e da presión en cada un deles.

En total, o estudo valora as medidas necesarias para a súa implementación nun investimento total de 2.986.485,55 euros. Este importe cubriría a renovación de contadores, a sectorización, a posta en marcha dunha plataforma de control, a renovación da rede, campañas de busca de fugas e fraudes e accións de concienciación.

O concelleiro de obras destacou a necesidade “de ir traballando nestas actuacións para garantir a sustentabilidade do sistema”. “Sabemos que se trata dun investimento elevado, preo resulta imprescindíbel avanzar na modernización dunha rede cunha idade media de 40 anos e mellorar o rendemento hídrico do noso concello”, concluíu.

A realización deste estudo por parte do Concello de Fene contou con financiamento de Augas de Galicia, a través do procedemento AU301C, de subvencións a concellos destinadas á realización de auditorías municipais de abastecemento encamiñadas á elaboración de plans de actuacións para minimizar as perdas de auga.

Lea también

El concello de Mugardos está haciendo las gestiones para atajar el deterioro de la casa natal de Bello Piñeiro

La portavoz de Cultura del Grupo Popular, Carmen Pomar, afirmó este viernes en el Parlamento …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *