Novo concerto na Real Academia Galega de Belas Artes

Este próximo martes 1 de outubro terá lugar ás 20.00 horas na Real Academia Galega de Belas Artes da Coruña o concerto “Canción artística Atlántica: Británica e Galega” no que a soprano Susana de Lorenzo e o pianista Rupert Twine interpretarán poemas en inglés e galego musicados por compositores británicos e compositoras galegas.

No recital incluiranse as pezas: Five English songs de Margarita Viso; A Rosa de Julia María Dopico Vale; O meu fogar; Algún alburgueiro e Interludio musical de Rupert Twine; The vagabond de Vaughan Williams; Now sleeps the crimson petal de Roger Quilter, Bird songs at Eventide de Eric Coates, The Salley gardens de Benjamin Britten e We´ll gather lilacs de Ivor Novello.

O acto está encadrado nos “Martes das Artes” e terá entrada libre ata completar capacidade.

A través deste enlace pódese consultar o programa

Enlace para coñecer un pouco máis a trayectoria dos artistas

Lea también

El Campus de Ferrol declarado Espacio Sin Humo por la colaboración de la Asociación Española Contra el Cáncer y la Universidad de A Coruña

El Campus de Ferrol de la Universidade da Coruña (UDC) fue declarado este jueves, día …