Fene acolle unha charla sobre alimentación saudable durante o embarazo

A nutricionista do centro de saúde de Fene, Iria González Fraga, e o matrón deste mesmo centro, David González Martínezcolaboran para achegar ás futuras nais do seu centro información rigorosa sobre a alimentación saudable durante o embarazo.

David González aproveita as súas consultas ordinarias para comentar previsión de realización desta charla para as futuras nais, e xa anota as que están interesadas. A primeira destas charlas conxuntas de nutricionista e matrón será este luns 16 no centro de saúde de Fene, ás 13:00.

Ámbolos dous profesionais subliñan “a importancia de desmitificar os mitos, especialmente o de que se debe comer por dous»indican. De feito, fronte a isto, avogan por se guiar polas sensacións de fame e saciedade. Outra das cuestións que abordarán é “ter en conta a importancia de seguir unha alimentación saudable, seguindo o Prato Saudable; e prestar especial atención a inxestión de certos nutrientes, como son o omega 3, o ferro, o ácido fólico ou o calcio».

Alimentos a evitar e recoñecer síntomas

Así, falarase de forma detallada tamén neste encontro daqueles alimentos que se deben evitar nesta etapa do ciclo vital por supor un risco no embarazo, como, por exemplo, peixes de gran tamaño, polo contido en mercurio; leite crúa e derivados da mesma; ou carne e peixe crusIgualmente, facilitarán información xeral sobre algunhas das “síntomas máis frecuentes nesta etapa, como pode ser náuseas e vómitos ou estrinximento, e como axustar a alimentación ou como aumentar o contido de fibra nesa alimentación»explican.

Esta charla súmase á que fan un venres ó mes tamén sobre alimentación e lactancia. Trátase, en definitiva, explican, de seguir unha alimentación saudable tanto na etapa do embarazo como na lactancia, achegando información sempre con evidencia científica.

 E remarcan informar a este colectivo sobre como seguir unha alimentación saudable, tendo en conta que o peso non é o máis importante, senón seguir unha alimentación completa e variada, no que a alimentos saudables se refire; dando maior relevancia a aqueles nutrientes máis importantes nesta etapa da vida”.

Andainas saudables

Lembrar que estas non son actividades illadas por parte dos e das profesionais do centro de saúde de Fene, senón que tamén combinan o exercicio e a nutrición no seu ciclo de andainas. Xa realizaron cinco das oito que conforman o ciclo. Son os segundos e cuartos martes de mes. Comezaron o 9 de xullo e rematarán o 22 de outubro. Neste caso, a participación é libre só acudindo ese martes correspondente ó centro de saúde, ás 10:00. Restan aínda para poder participar as andainas dos días 24 de setembro, e 8 e 22 de outubro.

obxectivo deste grupo de andainas é “aumentar o exercicio físico e reducir o sedentarismo”, e establecer uns hábitos de vida saudables. Durante a andaina, achégase ós beneficios de adoptar estes camiños como rutina e os mellores xeitos de se alimentar para gañar saúde.

Lea también

Vecinos de Ares y Mugardos colaboraron recogiendo material y alimentos para enviar a Valencia

Dos jóvenes mugardesas, Esmeralda y Cristina, la primera repartidora de paquetería y  la segunda pescadera, …