O Chanfaina lab despídese ata novembro

Aló van tres días de intenso traballo para os grupos de creadoras que participan na IX edición do Chanfaina lab. Ó remate da última xornada de gravacións, o encontro audiovisual non finalizou en realidade.

Fuente César Galdo

Agora cadaquén deberá poñer en orde o seu material fílmico e sonoro, axeitalo ao guión e montalo para contar a historia elixida. Por diante queda labor, ata a estrea de mediados ou finais de setembro. Ademais tamén hai que contar que o Chanfaina lab aínda nos depara á vota dunhas semanas un obradoiro que tratará precisamente sobre a fase da montaxe.

Fuente César Galdo
Fuente César Galdo

O taller desenvolverase os días 9 e 16 de novembro de 10 a 13:00h, conducido polo realizador Juan Lesta. O título das sesións é “Despois da rodaxe, tesoira” e nelas abordaranse as técnicas de montaxe posteriores á gravación. Trátase dun obradoiro totalmente gratuíto e para apuntarse hai que chamar ou enviar unha mensaxe de whatsapp ao 616 016 793, ou ben remitir un correo electrónico a cemit.sansadurnino@xunta.gal.

Por outro lado, o Chanfaina lab seguirá activo tamén uns días máis a través da exposición de case 40 fotografías e carteis de edicións anteriores que pode visitarse no recibidor da Casa da Cultura até o 30 de setembro.

Fuente César Galdo

En febreiro, estreas

O remate desta fin de semana de filmacións viviuse na Casa da Cultura cunha obra teatral inspirada no mundo do cine. Bucanero -Xose Bonome, Sabela Hermida e Pedro Picos– representaron a montaxe «Sesión contínua», na que se lle rende tributo a unha chea de títulos moi coñecidos -Pulp Fiction, Psicose, 2001. Unha odisea no espazo, etc.- vestida de humor e retranca galega, trazo definitorio da práctica totalidade dos textos que asinaba o desaparecido Lino Braxe.

Mentres se representaba a función na Casa da Cultura, algúns dos equipos convidados este ano aproveitaban as últimas raiolas de luz para gravar os derradeiros planos antes de recoller e marchar cara aos seus lugares de procedencia.

A diferenza doutros anos, os realizadores da casa –NaraíoMedia, Bieto Beceiro, TheSunGirls, Teño unha horta, Fran da Lobeira, Abel Vega, Ángela Arnosa, Kevin Lorenzo, etc.- preferiron pospoñer a gravación dos seus proxectos e volcarse no apoio loxístico a quen chegaba de fóra, ben fose procurándolles localizacións, atrezzo ou protagonistas para as súas historias.

Tanto a xente de aquí como a «venidera» ten por diante seis meses para aquelar as súas montaxes, que non deberían superar os 5 minutos e axustarse a outras recomendacións do Chanfaina lab, como por exemplo a utilización de músicas libres ou das que se posúan dereitos e a de incorporar a imaxe das entidades patrocinadoras, que son o Concello de San Sadurniño e a Deputación da Coruña.

Fuente César Galdo
Fuente César Galdo

O resultado verémolo a finais ou mediados de febreiro de 2025, cando culmine esta novena edición e comence, co acto das estreas, o X Chanfaina lab. Ata daquela hai tempo para perfilar ideas, cambialas incluso, e mesmo volver por San Sadurniño para gravar máis imaxes ou unha historia totalmente nova

Fuente César Galdo

Lea también

La Xunta licita obras de mejoras en carreteras de Narón, As Pontes, As Somozas y San Sadurniño

La Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas licitó este lunes por importe de 2.017.639 …