María Rivas, presenta o novo mapa cartográfico da provincia da Coruña

A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, achegouse esta semana á Casa do Mapa para presentar o novo mapa cartográfico oficial da provincia da Coruña, editado polo Instituto Xeográfico Nacional (IGN) a escala 1:200.000 e que recolle as últimas novidades, principalmente en materia de infraestruturas e núcleos de poboación, axustándose así aos cambios no territorio.

A versión actualizada, que foi presentada á subdelegada do Goberno, María Rivas, xa está dispoñible tanto en formato papel como para a súa descarga online.

O Instituto Xeográfico Nacional ten encomendada a elaboración das series institucionais dos mapas provinciais e autonómicos de toda España.

A subdelegada foi recibida na Casa do Mapas polo responsable do Instituto Xeográfico Nacional en Galicia, Pablo Carballo, e a xefa da área de Fomento da Delegación do Goberno, Ana Quintairós.

Ambos explicaron a María Rivas que periodicamente prodúcese unha actualización do mapa oficial, que, á súa vez, serve de base para a elaboración doutros mapas, tanto especializados como de uso comercial.

A subdelegada afirmou que “a cartografía é un proceso dinámico que require de constantes actualizacións”, e indicou así mesmo que, “estas actualización serven de soporte para un Sistema de Información Xeográfica (SIG) e pódense utilizar para todo tipo de aplicacións. Proporciona unha visión do territorio, esencialmente cartográfica, describindo o aspecto e os detalles da superficie xunto cos obxectos xeográficos que se atopan sobre ela, xa sexan naturais, xa sexan produto da actividade humana”.

Esta nova cartografía da provincia servirá como base xeográfica tanto para as consultas xeográficas e a análise directa como para a creación e implantación de servizos xeográficos, así como para a obtención e a actualización de produtos de datos xeográficos e cartográficos derivados.

A subdelegada tamén agradeceu a entrega de varios exemplares do novo mapa para que formen parte do fondos da subdelegación do Goberno na Coruña.

Finalmente, María Rivas, indicou que o mapa actualizado da provincia da Coruña está dispoñible en papel na tenda da Casa do Mapa do Instituto Xeográfico Nacional na Coruña ao prezo de 6 euros, pero é descargable en formato PDF na web do Centro Nacional de Información Xeográfica www.cnig.es, onde tamén poden consultarse mapas en formato imaxe, vectorial e datos  topográficos do territorio.

Lea también

Pontón revalida su liderazgo con el reto de gobernar la Xunta en 2028

La portavoz nacional del BNG, Ana Pontón, ha revalidado este domingo su liderazgo al frente …