Rivas e Rioboo poñen en valor os fondos da Deputación para modernizar a xestión do padrón municipal

A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, mantivo unha reunión co Deputado de Facenda, Recursos Humanos, e Avance Dixital, José Ramón Rioboo; na que puxeron en valora os 1.5 millóns de euros que ven de concederse á Deputación da Coruña, para a transformación dixital e modernización dos sistemas de xestión do padrón municipal nas entidades locais, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia.

Fuente Delegación del Gobierno en Galicia

Segundo o publicado o pasado día 24 no Boletín Oficial do Estado, a Deputación da Coruña obtén esta axuda dentro dunha convocatoria que deixa en Galicia, 4.020.000 euros, para levar a cabo o proxecto “Cara o padrón online: novo modelo de xestión da información territorial na provincia”.

Ambos resaltaron que o padrón municipal é un rexistro de gran importancia, por canto a inscrición nel supón o requisito previo e imprescindible para que as persoas poidan ter acceso, con todas as garantías, ao uso dos servizos públicos de educación, sanidade e servizos sociais nun municipio, e ao exercicio do dereito de sufraxio, entre outros aspectos.

Por ese motivo, “é preciso dotalo dun réxime de xestión e actualización de datos rápido, áxil e con garantías, co fin de permitir á cidadanía acceder a todos os servizos do municipio onde residen, e reducir ao mínimo os riscos derivados dunha incorrecta inscrición”.

Polo tanto “a modernización do padrón tamén incidirá nunha mellor elaboración de políticas públicas como as relativas a fiscalidade, servizos sociais ou axudas á rehabilitación, de tal xeito que unha vez máis o Goberno pon no centro a atención ás persoas, neste caso, especialmente ás que viven nos concellos de menos de 20.000 habitantes”, indicou a subdelegada.

Pola súa banda o Deputado de Facenda, José Ramón Rioboo, indicou que a axuda acadada enmárcase dentro da Estratexia Dixital da Deputación da Coruña, que ten como prioridade a implantación dunha Administración totalmente dixital adaptada ás Entidades Locais, situando á cidadanía no centro da actividade administrativa, a través de máis e mellores servizos interactivos que axilizan os trámites administrativos e que garanten a eficiencia da administración dixital a nivel local.

O investimento de 1,5 Me servira para abordar o proceso de transformación dixital que permita aos concellos da provincia mellorar e actualizar os seus padróns municipais conforme aos parámetros definidos polo Instituto Nacional de Estatística.

Doutra banda, implementará sistemas tecnolóxicos que permitan a actualización instantánea da información no padrón de habitantes. A devandita actualización en tempo real pode expor riscos importantes, polo que a participación da Deputación da Coruña garantirá a infraestrutura necesaria para asegurar a protección e confidencialidade dos datos durante o proceso de actualización.

A través desta axuda do Plan de Recuperación a Deputación da Coruña ofrecerá asesoramento e acompañamento para implementar o proxecto da forma máis eficiente posible, especialmente aos concellos de menos de 20.000 habitantes, que carezan de capacidade para implantar o padrón en liña con recursos propios.

Lea también

La Xunta analiza las primeras solicitudes de víctimas del amianto para impulsar el cobro de las indemnizaciones

La Xunta ha evaluado los primeros expedientes de peticiones de certificados presentados por personas afectadas …