Doce agrupacións de Protección Civil se modernizan grazas á Deputación da Coruña

A Deputación da Coruña vén de realizar a entrega de novos sistemas de comunicacións a doce organizacións de Protección Civil da provincia ao abeiro do programa de subvencións dirixido a agrupacións, asociacións e asociacións de agrupacións de voluntarios e voluntarias que pertencen a concellos de menos de 50.000 habitantes. As entidades beneficiarias son as de Carral, Zas, Xallas (Santa Comba), A Laracha, Porto do Son, Curtis, Corcubión, Camariñas, Ames, Miño, Coristanco e Boiro.

A deputada Cristina Capelán fixo entrega dos equipos nun acto que se celebrou no pazo provincial e no que destacou o compromiso da Deputación co labor imprescindible que realizan os voluntarios e voluntarias á hora de atender emerxencias e de que a práctica totalidade de eventos que contan cunha alta participación de persoas se desenvolvan en condicións de seguridade.

O material que lles acaba de proporcionar a institución provincial consta de catro walkie talkies e un repetidor portátil para cada unha das 12 agrupacións. Con eses equipamentos, garantiranse unhas comunicacións A Deputación investiu na súa adquisición 61.666,44 euros.

Lea también

Bienvenida en Cedeira a los 114 guardas civiles en prácticas que reforzarán la posición de Galicia, una de las Comunidades más seguras de España

El delegado del Gobierno en Galicia, Pedro Blanco, dio la bienvenida en Cedeira a los …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *