Equiocio despedirase co foco posto na disputa do Gran Premio Cidade de Ferrol

Foto Equiocio Ferrol ´24

Equiocio Ferrol enfila xa a súa recta final coa vista posta na disputa este domingo 4 do seu Gran Premio, a proba hípica máis potente do Concurso Nacional de Saltos*** Cidade de Ferrol. E mentres non chega, seguen as competicións hípicas e unha oferta de lecer que, lonxe de decaer, continúa sumando propostas.

A fin de semana animou aínda máis o ambiente deportivo e festivo que se vive no Campo das Cabazas. Dende o venres, co inicio da competición hípica, auténtico corazón do certame, este espazo natural de Covas converteuse nun ir e vir constante de xinetes, amazonas e visitantes. Un fluxo de público que, se o tempo acompaña, reforzarase aínda máis este domingo, día no que se coñecerá ao xinete ou amazona que conquistará o Gran Premio Cidade de Ferrol.

Foto Equiocio Ferrol ´24

No que atinxe á oferta de lecer, o domingo manteranse as propostas que máis éxito están a ter. Así, non faltarán as degustacións de GALICIA SABE AMAR (pases ás 12.30 e 14 h co televisivo chef Álex Iglesias do restaurante Dúas Liñas, que preparará petiscos de bonito e de pescada do pincho de Burela), nin as actividades do espazo Espazo Eco- maker ou os obradoiros de plantación do horto das Cabazas.

Foto Equiocio Ferrol ´24

Ata as 20 horas poderase descubrir ademais a oferta turística dos Concellos de Ferrolterra, o labor de entidades sociais e culturais presentes no certame e mercar algún detalle chulo no Ecomarket, o espazo que aglutina algunhas firmas sostibles e de proximidade. A animación musical virá da man do Batukin da Asociación sociocultural ASCM.

A 33 edición de Equiocio Ferrol está a contar como principais patrocinadores coa Xunta de Galicia, o Concello de Ferrol, a Deputación da Coruña, Gadis e Estrella Galicia. Colaboran ademais Turismo de Galicia, Sociedade Mixta de Turismo de Ferrol, Autoridade Portuaria Ferrol- San Cibrao, J. Rilo e a Comunidade de montes en man común de Covas e Esmelle.

Lea también

El gobierno de Ferrol propondrá en el pleno un cambio de capital en Emafesa para evitar su disolución

  La causa objetiva de disolución de Emafesa es un tema preocupante en los últimos …