O BNG de Ferrol solicita rexeitalos recortes educativos no IES Ferrol Vello

Iván Rivas, portavoz do BNG de Ferrol, anunciou «a presentación dunha moción de urxencia ao pleno do concello de Ferrol que se desenvolverá o próximo luns 29 de xullo con motivo dun novo episodio de recortes do ensino público nesta cidade, en concreto no IES Ferrol Vello».

«O pasado mércores 24 de xullo o consello escolar do centro fixo público a decisión da Xunta de Galiza de recortar dous docentes do actual cadro de persoal do centro». «Esta decisión non ten ningunha xustificación, se ademais temos en conta que o IES Ferrol Vello manterá o mesmo número de unidades que o curso pasado e só se xustifica pola política de recortes no ensino público que o PP leva aplicando ao longo dos últimos anos».

Ivan Rivas, portavoz nacionalista, denunciou que «a Xunta de Galiza está a actuar dun modo inaceptable atrasando cada vez máis a adxudicación das vacantes nos centros educativos e lamenta que aproveite o período estival para actuar sen a mínima das transparencias, de xeito unilateral e deixando aos centros indefensos e sen posibilidade de poder reclamar vacantes en función das súas necesidades».

Por estes motivos, o portavoz municipal do BNG de Ferrol solicitará este luns do resto de grupos municipais «o apoio á demanda da comunidade educativa do centro do mantemento, de cando menos, dos 20 docentes actuais e exixirá do alcalde da cidade un pronunciamento claro e contundente en contra desta política da Xunta de Galiza que atenta contra os intereses da cidade».

O BNG de Ferrol lembra, ademais, que «este centro leva reivindicando a dotación dun equipamento básico para poder desenvolver a súa actividade educativa con normalidade como é un pavillón cuberto que evite ter que desprazar aos alumnos até as instalacións de FIMO para impartir as aulas de Educación Física».

«Un feito que fai aínda máis grave a decisión da Xunta de Galiza que no canto de facilitar os medios necesarios para a práctica docente fai xustamente o contrario e recorta recursos, neste caso docentes, comprometendo a posibilidade de ofrecer ao alumnado unha educación de calidade nos termos que establece a normativa vixente».

Lea también

Sabores de outono, cita gastronómica con premio en el barrio ferrolano de Ultramar

  Este fin de semana tendrá lugar en el barrio de Ultramar la primera edición …

Un comentario

  1. Nada xustifica os recortes de recursos humanos no ensino público. Impiden o funcionamento dun centro e repercuten en quen máis necesidades educativas ten.