Visita de estudos ó Xeoparque Mundial UNESCO Cabo Ortegal

Visita de estudos ó Xeoparque Mundial UNESCO Cabo Ortegal dentro do XXII Simposio sobre la enseñanza de la geología.

Fuente Asociación para a xestión do Xeoparque do Cabo Ortegal

Organizado pola AEPECT (Asociación española para la enseñanza de las Ciencias de la Tierra), o simposio estase a celebrar durante esta semana no outro xeoparque galego, Montañas do Courel, colaborando Cabo Ortegal na organización do mesmo ofrecendo dúas visitas de campo a este territorio, unha, que xa tivo lugar o pasado mércores 10 de xullo, e a outra, que se levará a cabo este sábado, 13 de xullo.

Como cada ano, a AEPECT celebra o seu simposio dirixido ao profesorado das Ciencias da Terra, cos obxectivos de favorecer o coñecemento e o intercambio de investigacións e experiencias educativas en todos os niveis de ensinanza.

Outro dos principais fitos deeste simposio é o de promover o coñecemento da Xeodiversidade e do Patrimonio Xeolóxico de Galicia, especialmente nos xeoparques Montañas do Courel e Cabo Ortegal, potenciando a educación nos mesmos como parte integrante e inseparable do patrimonio natural.

Fuente Asociación para a xestión do Xeoparque do Cabo Ortegal
Fuente Asociación para a xestión do Xeoparque do Cabo Ortegal

É por iso que este tipo de encontros buscan ser un punto de encontro aberto para todos os profesionais da ensinanza de estas materias, fomentando a súa participación mediante a promoción de charlas, coloquios, talleres formativos, mesas redondas, actividades culturais e saídas de campo.

Dentro de esta última actividade, unha das propostas do completo programa ofrecido pola organización son dúas saídas ó Xeoparque Mundial UNESCO Cabo Ortegal. A primeira delas tivo lugar o pasado mércores, coa participación de 27 persoas procedentes de distintas partes de España (Girona, Salamanca, Alicante, Mallorca, Madrid, Málaga…), as cales puideron descubrir algúns dos lugares máis importantes dentro deste territorio como Punta de Prados en Valdoviño, Chao do Monte e o Macizo de Herbeira, o porto de Cariño, Punta dos Aguillóns e A Barqueira en Cerdido.

Lea también

Ortigueira, galardonada en el I Premio ‘Pioneiros da Pizarra’

El Concello de Ortigueira ha sido reconocido con el I Premio ‘Pioneiros da Pizarra’, un …