“O Documento de usos do edificio de suboficias, en Canido, presentado ao Concello é aberto, susceptible de mellorar”

O pasado venres 28 de xuño as diferentes entidades da intrabarrial de Canido, presentaban diante do «edificio de Suboficiais» un documento que recollía unha proposta de usos para este edificio, e que entregaban por rexistro no Concello de Ferrol.

Dende Galicia Ártabra puxémonos en contacto con representantes da entidade veciñal para conversar sobre esta proposta. Recollemos  a entrevista realizada a Roberto Taboada e a Guillermo Castro, presidente e vogal da entidade veciñal do barrio de Canido.

GA.-Como xurde a idea do documento de usos que acabades de presentar?

Roberto Taboada.-« Ese documento recolle un traballo feito pola intrabarrial que se materializou no documento Canido 2030. Este tratábase dun documento no que grazas a aportación de diferentes entidades condensábanse diferentes usos a tratar para distintas partes do barrio de Canido. Entre estas partes ou lugares se atopaba o edificio de suboficiais».

GA.-É un documento definitivo ou aínda podería estar suxeito a cambios?

RT.- «É un documento aberto, susceptible de mellorar. Sen ir máis lonxe, hai uns días unha veciña nos propoñía a posibilidade dun centro de saúde. E igual pois se non pode ser un centro de saúde si podería tratarse dun dispensario ou enfermaría. A cuestión principal é darlle un uso integral a ese edificio».

GA.-De existir cambios neste documento valorades poder envialo novamente ó concello?

Guillermo Castro.-«Si, hai dous espíritos nesa proposta. Primeiro, incentivar ao concello a que cumpra a proposta aprobada en pleno, que é a adquisición. Para iso debe tela en conta nos presupostos do ano que ven. E en segundo lugar, cando se fai un investimento deste tipo, hai que enfocar os usos que vai ter. Isto o que pretende é que se vaia orientando xa unha proposta de usos para que a futura reforma sexa adecuada, que sexa funcional en base a ese plan de usos».

RT.- «O espírito tamén é que sexa unha creación colectiva a que decida que usos darlle a ese edificio. Pensamos que a autoxestión ou a cesión a entidades do terceiro sector é o máis interesante para que ese edificio vaia funcionando».

GA.-Entón entendemos que apostaríades por un modelo de autoxestión: por entidades do barrio ou entidades de fora do barrio?. Cómo valorades unha posible xestión por parte do concello?

GC.- «Hai varios modelos. Pode tratarse dunha cesión a entidades, tendo en conta unha serie de criterios, como pode ser o non ter ánimo de lucro, por exemplo. Ou ben pode apostarse por un modelo de concesión administrativa, o cal pode rematar de maneira que sexa unha inversión para multinacionais.
Este último modelo queremos evitalo, preferimos un modelo participativo.

Neste momento son 19 as entidades adheridas a este documento que acabamos de presentar, pero está aberto a que sexan moitas máis as entidades que se podan adherir, para así trasladar esa vontade de que as diferentes entidades sexan propositivas».

RT.- «O mais importante é que o Concello se de conta de que esto é de interese para a veciñanza. O Concello pode ademais facer moitas cousas xa, como é explorar fondos europeos para a rehabilitación de este edificio».

En canto a xestión neste momento ASPANEPS autoxestiona parte do edificio e a autoxestión é impecable. Creo que, por exemplo, é posible que o espazo interxeneracional poida ser autoxestionado, ter un dispensario cun convenio co SERGAS… pensemos que é posible».

GA.-«Incidindo na nosa última pregunta…No caso de que o Concello decida xestionar o edificio directamente como o valorariades?

GC.Ese sería o modelo de Matadero de Madrid cedido a iniciativas populares. Sería tamén unha posibilidade».

RT.- «A opción é acordar que todas as decisións que se tomen sexan acordadas entre entidades e Concello. O Concello se ten que dar conta de que ten que delegar en entidades sen ánimo de lucro para xestionar certos equipamentos. E o resultado está comprobado que non é malo. A autoxestión funciona e é posible, ademais restaría
gastos ó concello.

Se o xestiona o Concello eu tampouco tería ningún problema, sempre e cando sexa un edificio que teña usos e non este pechado».

GA.-Falando agora dos usos. A Asociación Veciñal tivo xa unha reunión co concelleiro de cultura, e tratouse a posibilidade de empregar os fornos que existen actualmente no Sánchez Aguilera. É viable?

RT.-«Co concelleiro de Cultura fomos ver os fornos, tornos, esmaltes… que quedaron abandonados, e lle plantexamos facer un inventario de todos estes materiais que hai no Sánchez Aguilera. Unha vez feito o inventario propuxémoslle un traslado provisional que nos permita poñer en uso o ano que ven un obradoiro de cerámica, e finalmente cando o edificio esté en uso trasladalo para o soto».

GC.- «Para eses obradoiros ademais se poden facer acordos con escolas para as quendas de mañá, obradoiros para adultos.. hai moitas posibilidades.

GA.-Neste senso como valorades a acollida por parte do Concello.

RT.-«Hai máis que unha acollida favorable. Primeiro temos que salientar a sorpresa polo material que había no Sánchez Aguilera, que o goberno anterior non fixo nada para manter esa escola taller que houbo no Sánchez Aguilera e todo ese material que está sen uso. O concelleiro quedou sorprendido e totalmente receptivo a que se poda facer o traslado e a utilizalo«.

GA.-Hai que ter en conta que o edificio de suboficiais non está recollido no convenio de Defensa… Como vedes que nun futuro próximo ese edificio pase a ter usos?

GC.Está en fase de taxación».

RT.As cousas se poden facer coa dilixencia oportuna se as administracións queren facelo, é unha obviedade pero é así. Se hai un acordo plenario e Defensa está en disposición de vendelo, creo que esa taxación non ten que demorarse.
Hai que pedirlle a Defensa que teñan consideración de que ese edificio debe voltar á veciñanza, xa que non se está a usar e se lle pode dar un uso social moi interesante.
Non debería dar lugar a ningún desencontro.»

Lea también

El área sanitaria podrá vacunar a más de 3.100 niños en la nueva campaña de vacunación del virus del papiloma

La Consellería de Sanidade de la Xunta de Galicia  tiene varias campañas de protección activas …