A Deputación promove a historia, cultura e os sabores do Camiño Inglés na Coruña

Os Xardíns de Méndez Núñez, na cidade da Coruña, acolleron durante a xornada deste sábado a feira Primavera no Camiño Inglés, que volveu reunir aos dezaoito concellos polos que discorre este itinerario xacobeo nun gran evento organizado pola Asociación de Concellos do Camiño e a Deputación da Coruña co obxectivo de promocionar os múltiples atractivos etnográficos, culturais, naturais e gastronómicos desta ruta, que conecta Ferrol e A Coruña con Santiago de Compostela.

Ferrol, Narón, Neda, Fene, Cabanas, Pontedeume, Miño, Paderne, Betanzos, Abegondo, A Coruña, Culleredo, Cambre, Carral, Mesía, Ordes, Oroso e Santiago de Compostela contaron con stands na feira na que exhibiu a súa variada oferta turística con diferentes actividades que incluiron actuacións musicais, mostras de artesanía tradicional, showcooking en vivo e degustación de distintos produtos típicos coma a tortilla de Betanzos, as vieras da confraría de Barallobre, o pan de Neda ous os queixos do Eume, ofrecendo aos visitantes un completo percorrido gastronómico polos sabores máis característicos do Camiño.

O evento foi inaugurado na mañá docitado sábado nun acto que contou coa participación do alcalde de Pontedeume, portavoz do Goberno da Deputación e presidente da Asociación de Concellos do Camiño Inglés, Bernardo Fernández, o deputado responsable da promoción do Camiño Inglés, Antonio Leira Piñeiro, o concelleiro de Fomento e Promoción da Coruña, Gonzalo Castro, e a delegada provincial da Xunta, Belén Docampo, así como numerosos alcaldes e outras autoridades.

O Camiño que máis crece

Bernardo Fernández destacou “a enorme proxección do Camiño Inglés a nivel nacional e internacional, con incrementos anuais de entre o 20% e 30% no número de peregrinos ano tras ano” e anunciou que nos primeiros seis meses deste 2024 xa se superaron os datos do ano Xacobeo e que “por primeira vez o número de visitantes estranxeiros supera aos nacionais”, un ranking no que destacan os procedentes de Italia, Reino Unido e Alemania.

“Isto non é froito da casualidade, é un traballo de fondo que iniciamos en 2016 para recuperar e poñer en valor este itinerario xacobeo. Entón uns 5.000 peregrinos percorrían cada ano o Camiño Inglés, o ano pasado foron máis de 35.000”, afirmou o portavoz do Goberno provincial, que subliñou que ademáis da vertente espiritual e cultural do Camiño, “supón un importante impulso económico para os concellos polos que pasa, dándolles máis vida”.

O deputado delegado da promoción do Camiño Inglés, Antonio Leira, subliñou tamén a importancia que a recuperación do Camiño Inglés ten en Reino Unido, onde xa hai máis de 500 quilómetros sinalizados para os peregrinos que inician a súa viaxe en terras británicas ou mesmo en Irlanda, onde a Deputación participou na instalación das primeiras mouteiras que indican o “Celtic Way” cara Santiago de Compostela.

No acto, o impulsor da Asociación de Concellos do Camiño Inglés, Manuel Mirás Franqueira, entregou un recoñecemento á doutora Penelope Johnson, da Universidade de Durham, pola súa labor de investigación histórica e impulso ao Camiño Inglés ao longo dos últimos anos deste esta institución académica británica.

ESPAZO INSTITUCIONAL E FEIRA – Escenario Primavera

As actividades no espazo da feira turística continuaron na tarde cunha feira que acolleu a actuación musical a cargo do grupo Arnela do Concello de Carral, á que lle seguiu a AFC Orballo “pola tradición do Camiño Inglés”, do Concello de Pontedeume e a Rondalla Bohemios, do Concello de Ferrol, pechou os concertos deste escenario.

ESPAZO GASTRONÓMICO E MERCADO ARTESANAL – Escenario Rede Stelar

Un dos eventos máis agardados foi o mercado artesanal, onde se puido contemplar os traballos dos ourives en directo. Durante toda a xornada, o MERCADO STELAR, a cargo de empresas artesanais e locais, ofreceu aos visitantes as súas creacións.

Por outra banda, o espazo gastronómico deleitou aos comensais cos mellores produtos da provincia. Durante toda a xornada, os visitantes poderon gozar do GASTROBAR, cunha ampla oferta gastronómica de produtos de proximidade a cargo de A Artesa da Moza Crecha.

Destacaron, entre outras actividades, o “Cociñado da vieira” da Confraría de Barallobre, do Concello de Fene, ou a “degustación de queixos e requeixo” por parte do Concello de Pontedeume . A cociña continuou cos showcooking do restaurante Brasa de Beche, do Concello de Abegondo e  o da “Cociña coa Rede Stelar” con A Artesa da Moza Crecha.

Houbo tempo para o humor co monólogo e improvisación teatral «Improdepor», cos actores Roi da Costa e Xavier Veiras.

A fotografía e o deporte tamén tivo un oco na Primavera no Camiño coa presentación dos gañadores do IV Concurso de Fotografía Dixital do Camiño Inglés e Presentación da III e a Media Maratón e 10k do Camiño Inglés – Rede Stelar.

Os máis pequenos gozaron de espazo propio para coñecer os atractivos do Camiño Inglés no ESPAZO LÚDICO PRIMAVERA onde as crianzas poideron gozar da arte en directo coa artista Nana, do Concello de Ordes e pola tarde puderon disfrutar dos obradoiros infantis de barro de Brañas de Valga, do Concello de Mesía e do de chapas do Concello de Culleredo.

Lea también

O grupo Elefantes ofrecerá un concerto en As Pontes, con motivo do seu 30º aniversario.

Elefantes celebra 30 anos de traxectoria musical ás súas costas e fano subíndose aos principais …