As escolas musicais de San Sadurniño despiden o curso

Chegada esta altura do mes de xuño é momento de despedir a actividade das escolas municipais de San Sadurniño ata despois do verán. E esa despedida faise, tradicionalmente, cun encontro aberto ao público no que nos mostran todo o aprendido durante os últimos meses e como o alumnado vai mellorando de ano en ano nas distintas disciplinas que se ofrecen: música moderna, pandeireta, baile tradicional, gaita…

Foto: César Galdo

Este ano a clausura dos cursos repártese en dous días e en dous espazos: hoxe mércores ás 19:30 horas música moderna na Casa da Cultura e o venres 21 ás 18:00 horas as escolas de música e baile tradicional na área recreativa da piscina.

O alumnado de Xoán Leis pechará curso cun concerto  no que, de seguro, volverán sorprendernos con pezas de distintas épocas, tamén do repertorio galego, interpretadas dun xeito distinto ao piano, a batería, o baixo, a guitarra eléctrica… Todos instrumentos tocados por persoas sen experiencia previa, pero que avanzaron rapidamente nos últimos meses gracias ao método de Leis e o seu equipo docente.

Tal e como ocorreu en anteriores espectáculos da escola, como o concerto do Nadal ou a clausura do ano pasado, durante unha hora asistiremos a unha auténtica festa con moita música, humor e interacción co público na que vai ser difícil non erguerse da butaca para poñerse a bailar.

Foto: César Galdo
Foto: César Galdo

Venres 21 de xuño, 18:00 horas, área recreativa da Piscina: Clausura das escolas culturais

As Escolas Municipais Culturais, pola súa banda, pecharán a tempada no entorno da piscina municipal. Porén, antes de escoitar e ver o que nos teñen preparado asistiremos ao espectáculo de narración oral Tralalareira, que nos traen Vero Rilo e Santi Cribeiro a través da Rede Cultural da Deputación da Coruña. 

Nesta proposta, Rilo convértese na señora Isolina, contadora de historias de vida e contos que se acompañan co acordeón de Cribeiro e as súas músicas para cantar. E despois, sobre as 19:00 horas, será a vez das escolas de baile tradicional, pandeireta e gaita, que interpretarán pezas por separado e tamén algunhas conxuntas.

A concellaría de Cultura ten definido o formato dándolle aproximadamente 10 minutos a cada grupo musical co obxectivo de que a velada sexa o máis dinámica e variada posible sen exceder a hora de duración. Polo menos no que se refire ao que está programado, xa que a idea é que a troula prosiga o tempo que lle cadre, coma en calquera foliada.

Lea también

Los tres finalistas del Concurso Intl de Piano Ciudad de Ferrol actúan en el auditorio

La organización del XXXIV Concurso Internacional de Piano Ciudad de Ferrol ha comunicado el nombre …