O CHUF acolle o III Congreso de Formación Sanitaria Especializada de Galicia

Todo o relacionado coa actualidade da Formación Sanitaria Especializada abórdase no III Congreso de Formación Sanitaria Especializada de Galicia, que se celebra os vindeiros 20 e 21 de xuño nos Hospitais Naval e Arquitecto Marcide do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol.

Está organizado pola Rede de Comisións de Docencia de Galicia-Redega, e o Comité Organizador está integrado por profesionais da Unidade de Soporte ó Coñecemento (USCO) onde se integran as Unidades de Docencia, Formación, Biblioteca, Investigación e Innovación nesta Área.

Este Congreso superou xa os asistentes previstos, con 240 persoas inscritase desenvolverase en distintos espazos dos hospitais do Complexo xa que o programa é amplo e abrangue diversos aspectos con temas de interese para tódolos implicados na formación especializada, ou más coñecida como residenciaos MIR, EIR, FIR, BIR ou QUIR.

Dende o Comité Organizador destacan precisamente este aspecto como unha das peculiaridades dese congreso galego en Ferrol, que tenta xuntar en talleres, foros e mesas a docencia en tódolos ámbitos e profesións que traballan en equipo no eido sanitario, de aí o lema do encontro: Abrindo Horizontes, superando barreiras.

Son catro talleres precongreso nas aulas de simulación do Hospital Naval do CHUF; seis foros simultáneos tamén no Hospital Naval entre o salón de actos e diversas aulas; catro mesas simultáneas, xa no Hospital Arquitecto Marcide; e tres mesas redondas, tamén no Hospital Arquitecto Marcide.

No marco do Congreso, que sinaugura de xeito oficial, o xoves 20, ás 19:00 horas, no salón de actos do Hospital Arquitecto Marcide do CHUF, haberá dúas conferencias:

A jornada inaugural, Comunicación e humor na sanidade. A propósito dun caso, de Mario Gil Conesa, médico influencer especialista en Medicina Preventiva e Saúde Pública, coñecido como @mariuslekkerE a de clausura, Humanizando a docencia, será impartida por Ángel Carracedo Álvarez, catedrático de Medicina Legal da Universidade de Santiago e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica.

Adxúntase enlace do programa:

https://ferrol.sergas.gal/DDocenciaformacioneinvestigacion/176/Programa%20III%20Congreso%20Formaci%c3%b3n%20Sanitaria_GAL-10%20xu%c3%b1o.pdf

Lea también

Un paso más, el objetivo del Baxi Ferrol en su visita de este domingo al IDK Euskotren

Tras una semana de descanso, vuelve la Liga Femenina Endesa para el Baxi Ferrol, empezando …