O BNG de Narón reclama a restitución da Secretaría Xeral de Igualdade

O BNG de Narón leva no mes de xuño unha moción ao pleno na que solicita «esixir ao goberno galego que dea ás políticas de igualdade o peso que lles corresponde, coa restitución da Secretaría Xeral de Igualdade con presenza no Consello da Xunta».

«No ano 2005 créase a Secretaría Xeral de Igualdade e desde o 2007 en Galiza inclúese no noso marco legal a transversalidade de xénero por consenso de todas as forzas políticas representadas no parlamento galego». «O Partido Popular fai desaparecer agora un organismo de goberno que no lugar que debería ocupar, dependente da Presidencia, tería que deseñar o conxunto de políticas a aplicar desde os diferentes departamentos do goberno galego».» Trásase do último paso dado, até agora, após a desaparición do Servizo Galego de igualdade, ou o baleirado de recursos dos centros Quérote, dos CIM, dos pisos de acollida para mulleres vítimas de violencia machista…»

«A división de igualdade e loita contra a violencia machista sen que haxa unha dirección común, coma se fosen departamentos estancos, sobre todo tendo en conta que a violencia é a consecuencia máis extrema que viven as mulleres da desigualdade e o patriarcado, é un erro considerable».

Por isto, o BNG de Narón presenta unha moción no pleno onde solicita aos grupos políticos do goberno municipal «esixirlle ao goberno galego que dea ás políticas de igualdade o peso que lles corresponde, coa restitución da Secretaría Xeral de Igualdade con presenza no Consello da Xunta».

Lea también

Axenda en Narón do 7 ó 8 de setembro

Sábado 7 de setembro de 2024 Actividade: Festa infantil solidaria Hora: De 12:00 a 14:00 …