Reapertura en Narón do local da Asociación de Xubilados e Pensionistas de Santa Icía

A alcaldesa da cidade de Narón, Marián Ferreiro, asistiu este sábado 15 ao acto de reapertura do local municipal que acolle a Asociación Club de Xubilados e Pensionistas de Santa Icía, na Solaina.

A rexedora local estivo acompañada pola edil de Benestar Social, María Lorenzo, e por outros representantes da corporación local naronesa, así como integrantes da citada entidade do barrio de Santa Icía e veciños que quixeron sumarse a esta convocatoria.

A cita deu comezo ás 13:15 horas, coa chegada da directiva da asociación e a recepción aos gaiteiros A Maristela, así como aos socios da entidade, para falar sobre a situación da mesma. A continuación, sobre as 14:00 horas tivo lugar a recepción ao resto de asistentes á reapertura das instalacións, reformadas cun investimento duns 260.000 euros cofinanciados polo Concello e a administración provincial.

Con cargo a esta partida, acometeuse un proxecto que permitiu “dar un cambio total á imaxe deste centro, moito máis diáfano e con espazos e servizos totalmente renovados”, tal e como apuntou a alcaldesa da cidade.

Ferreiro asegurou que tras a tempada de obras “é unha satisfacción poder acompañarvos hoxe na reapertura deste espazo, moito máis acolledor e do que poderedes continuar desfrutando en mellores condicións para actos e actividades que habitualmente se desenvolven aquí ao longo do ano”.

A rexedora local destacou que “hoxe iniciamos unha nova etapa neste centro, cheo de vida e no que espero que continuedes compartindo bos momentos”. Unha vez rematado o acto oficial tivo lugar un xantar popular no propio centro, a base de ensaladilla, salpicón e xarrete e unha sesión musical amenizada nesta ocasión por Alejandro Caribe.

Lea también

La academia de Baile All Dance Studio actúa este sábado 31 en Narón

El Centro Comercial Odeón acoge este sábado por la tarde la exhibición de la escuela …