Unha unidade móbil para a doazón de sangue visita Narón este martes 27

O vehículo estará aparcado a carón do Centro de Saúde en horario de mañá e de tarde, de 9:30 a 14:30 e de 15:30 a 21:00 horas.

Fot. arquivo

A Axencia Galega de Doazón de Órganos, Sangue e Tecidos (ADOS) instalará este martes 27 de outubro unha unidade móbil en Narón, a carón do Centro de Saúde. Poderase doar de 09:30 a 14:30 e de 15:30 a 21:00 horas, dentro da campaña “Doa sangue, un alento de vida”.

Poden doar as persoas de entre 18 e 70 anos que teñan boa saúde e pesen máis de 50 quilos. O proceso leva uns 15 minutos e antes de doar un médico revisa o estado de saúde de cada persoa: mide o pulso, a tensión e o nivel de hemoglobina para descartar unha anemia.

ADOS lembra que convén ir doar ben hidratado, con auga ou refrescos, e que non se debe acudir en xaxún. Quen doe pola mañá ten que almorzar antes, e quen o faga pola tarde debe agardar dúas horas despois de xantar. En ambos os casos, é mellor evitar unha comida copiosa. Hai que levar a tarxeta de doazón, o DNI ou calquera outro documento que identifique a persoa doante, e informar o persoal médico se se está a tomar algún medicamento.

En Galicia fan falta máis de 400 doazóns de sangue cada día para atender as urxencias, as intervencións cirúrxicas e os doentes de cancro ou leucemia que necesitan compoñentes sanguíneos. Cada doazón permite obter tres compoñentes (plasma, plaquetas e glóbulos vermellos) que se empregan no tratamento de diferentes enfermidades. Cada ano, as doazóns axudan a uns 30.000 pacientes.

Para máis información, pódese chamar ao teléfono gratuíto 900 100 828 ou consultar a web ados.sergas.gal.

Lea también

O Samaín de Narón ten cita en San Mateo con casa do terror, cabazas, paseo de candeas e música

O Padroado da Cultura e a Agrupación Veciñal San Mateo de Trasancos organizan un ano …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Responsable: Galicia Artabra Comunicaciones, S.L. Finalidad: gestionar su comentario. Legitimación: su consentimiento. Derechos: acceso, rectificación, supresión y otros, según la política de privacidad.