Boas sensacións na primeira edición do Gadis Longboard Festival de Ferrol

Boas sensacións e resposta do público na primeira edición do Gadis Longboard Festival de Ferrol, a primeira das tres probas da WSL (Liga Mundial de Surf Profesional) en Galicia este verán 2024 e que se está la disputar nesta fin de semana na praia da Fragata, en Covas

Foto Spankys/ Gorka Gurdi

Este venres 14 tiña lugar a presentación institucional do evento na pequena cidade do surf instalada estes días no camping das Cabazas. O alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, subliñou que “o surf xa forma parte do skyline da cidade”, para reeditar a aposta do Concello por unha competición de longboard, a modalidade máis clásica do deporte, que se desenvolve “na nosa casa” e que “chegou para quedarse”

Desde a Xunta, a delegada territorial Martina Aneiros, salientou que xa é habitual que Galicia, en particular a comarca de Ferrolterra, figure “nun lugar destacado no mapa do surf, nun evento que vai máis aló do deportivo”, mentres que o vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, puxo o acento en que “o surf é un recurso turístico estratéxico para Galicia”

A Directora Xeral de Igualdade da Xunta, Maria Quintana, visitou o Espazo Corresponsables. como un recurso que permite a conciliación durante o evento ao tempo que se promove o ocio activo, inclusivo e igualitario. O espazo estará aberto para a rapazada de 10 a 14 e de 16 a 20 horas sábado e domingo para nenas e nenos de 4 a 16 anos de balde cunha chea de actividades. 

Pola súa banda, Rob Gunning, o manager tour da WSL en Europa, fixo fincapé en que logo de percorrer o mundo,  os eventos que teñen lugar en Galicia, como o Abanca Pantinclassic Galicia Pro ou o Cabreiroá Junior Pro Razo,  non teñen nada que envexar aos que se desenvolven noutros puntos do planeta. O presidente da Federación galega de Surf, Román Díez, agradeceu a WSL aposta por esta disciplina “para que fique moitos anos en Ferrolterra”

Maria Eimil, representante de Gadisa, que da nome a competición, expresou a vontade da empresa de seguir apostando por unha proba coa que comparten valores como “deporte, vida saludable e respeto polo medio ambiente”

Na presentación participaron outros patrocinadores do evento como Chema Fernández, de Joyería Jael, Vithas, ou Pablo García, de Caetano Formula (Dacia-Renault), e mesmo tomaron a palabra dous dos rapaces que tomaron parte na competición como Nicolás Andrade e Daniela López, que agradaceron a organización “poder competir na casa”

No deportivo

Foto Spansky/Gorka Gurdi

O citado venres desputaronse unha chea de mangas nas dúas categorías ata acadar os cuartos de final. Nas rapazas, seguen adiante algunhas das favoritas como Alice Lemoigne, Ophelie AhKouenCanelle Lebreton e Zoe Grospiron

Na masculina, destacar unha onda de Jon Garmendia, que loita por entrar no tour mundial de longboard. Moi destacada tamén a participación de Nicolás Andrade, a pesar das condicións difíciles do mar con algas e fortes ventos,  e de Edouard Delpero e Ignacio Pignataro

Na xornada deste sábado 15 disputaránse as semifinais aproveitando a previsión climática para exprimir as mellores condicións posibles da mar en función dos tempos das mareas e atendendo as decisións da equipa internacional de xuíces (5) da competición. 

A competición retomarase o sábado 15 a partires das 10:30 da mañá. 

Pódese consultar o programa do evento nesta ligazón e os resultados da competición aquí. 

Lea también

El Natación Ferrol logra el Campeonato gallego alevín en Mos

El fin de semana se celebró en la Piscina Municipal As Pozas, en Mos, el …