AXF celebra en Ferrol o Día Nacional das Linguas de Signos Españolas

A Asociación de  Persoas  Xordas de Ferrolterra -AXF celebra o 14 de xuño o Día Nacional das Linguas de Signos Españolas, este ano a celebración será especial ó cumprirse 10 anos desde que no 2014 empezásese a celebrar este día.

Foto do Racing de Ferrol coa pancarta do DNLSE

A AXF  expresa «non queremos deixar de reivindicar, o desenvolvemento dun regulamento específico sobre as linguas de signos españolas desde a perspectiva dos dereitos lingüísticos, que permita ás persoas xordas “acceder aos servizos e recursos dispoñibles para o conxunto da cidadanía a través da súa lingua natural” e acabe coa privación lingüística da lingua de signos que afecta a este colectivo. Así mesmo, urxe a que estas linguas sexan consideradas como garantes de igualdade e non discriminación en calquera tipo de lexislación».

“Esiximos o impulso de medidas de accesibilidade lingüística que garanta que calquera persoa xorda poida exercer de maneira libre o seu dereito para usar a lingua de signos, a recibir educación en lingua de signos, ou a ser atendida en lingua de signos”, engade. 

Actividades a realizar na zona:

-O 14 de xuño ás 12:30 horas haberá unha recepción no Concello de Ferrol, onde terá lugar a presentación do vídeo do  DNLSE (onde colaboran diferentes representantes políticos da zona, e clubs como Racing de Ferrol, Basketmi Ferrol, Academia de baile Paso a Paso, Club O Parrulo, Baxi Ferrol, Club Sincro Ferrol e A.C.D. Almallo Rugby.)

Leerase o manifestó de este ano e haberá a interpretación musical da Rondalla «So Elas» que ofrecerá unha sorpresa, por parte da rondalla. Para finalizar, foto de familia na escaleira do Concello coa bandeira do DNLSE.

-Pola tarde de 17:00 a 20:00 horas na Praza de Amboaxe darase Información sobre o DNLSE , haberá tamén un Photocall co dactilolóxico e un xogo de “Coñece os Signos dos lugares Ilustrados de Ferrol”.

-De 18:15- 18:30 horas: Presentación do “IV FESTIVAL ILUSTRADO DE FERROL”.

-A noite do 14 ao 15 de xuño noite tamén estará Alumeado turquesa da fachada do Concello de Ferrol, Teatro Jofre e a fonte do Cantón de Molins e a rotonda de Freixeiro do Concello de Narón.

A Asociación de Persoas Xordas de Ferrolerra (AXF), entidade de carácter comarcal, declarada de Utilidade Pública; representa á comunidade xorda desde 1972, como único recurso específico para persoas xordas na comarca de Ferrolterra, procurando a eliminación das barreiras comunicativas que dificultan o seu  pleno desenvolvemento, ademais de proporcionar os servizos necesarios para lograr a maior calidade e autonomía posíbel.

Lea también

Música, maxia, xogos populares e degustación de callos e bolos preñados para celebrar o Día de Narón

  A Praza 23 de Novembro acollerá este sábado os actos do programa co que …