Chega a Narón a Copa 5×5 de Balonmán na Rúa da Deputación de A Coruña

A Copa 5×5 de Balonmán na Rúa da Deputación da Coruña corverterá esta fin de semana o Concello de Narón nunha auténtica festa do balonmán e do deporte base.
 
 
O evento celebrarase entre o venres 7 e o domingo 9 de novembro na praza da Igualdade, na Gándara, e reunirá a participantes e público de todas as idades.
 
Esta nova parada do circuíto, organizada pola Federación Galega de Balonmán coa colaboración da Deputación da Coruña e do Concello de Narón, promete tres xornadas cheas de xogo, música, sorteos e animación, nun ambiente de convivencia e diversión pensado para toda a familia. A iniciativa ten como obxectivo fomentar o deporte e os hábitos de vida saudables, ofrecendo unha actividade aberta, participativa e inclusiva.
 
A participación está aberta a todos os nenos e nenas que desexen gozar do balonmán dun xeito diferente. Mesmo quen non estea inscrito previamente poderá achegarse ata a instalación, falar co persoal da Federación e sumarse directamente aos partidos da Copa 5×5. A Federación Galega de Balonmán e o Concello animan á veciñanza de Narón e das comarcas próximas a achegarse e vivir esta experiencia única, que une deporte, convivencia e diversión nun mesmo espazo.

Lea también

Equiocio Ferrol e Turismo de Galicia ultiman a 35 edición do certame

Coa vista posta na 35 edición de Equiocio Ferrol, o presidente do comité organizador, Ricardo …