Ares, presente na colección de azucarillos da Rede de Municipios Indianos do Cantábrico

A Rede de Municipios Indianos do Cantábrico, en colaboración coa empresa Café Dromedario, vén de presentar unha colección de azucarillos, Indianos do Norte, para divulgar o patrimonio de orixe indiana de todas as localidades que a integran.

Trátanse de catro millóns de azucarillos que chegan grazas aos lazos estreitados con Café Dromedario e que se distribuirán para dignificar un pasado con fondas raíces na migración alén do mar, incluído tamén o do municipio de Ares.

A localidade aresá contribúe á colección incorporando tres grandes fitos arquitectónicos de diferentes partes do concello, dende A Tenencia de Redes-Caamouco ao CIRS Cervás e a Alianza Aresana.

Súmase deste xeito ás outras sete localidades que se atopan dentro da Rede de Municipios Indianos do Cantábrico: Ribadeo, no litoral galego; Boal e Ribadedeva (Principado de Asturias); Comillas e Medio Cudeyo (Cantabria); Balmaseda (País Vasco) e Pradoluengo (Castela e León)

A través desta mostra representativa, deséxase dar a coñecer a asociación, amais de dignificar e poñer en valor o patrimonio indiano que se atesora, máis tendo en conta que no norte de España se estima a existencia dunhas dez mil construcións de orixe indiana, desde belas residencias a escolas, mercados, hospitais, fontes e lavadoiros e outras tantas instalación e obras que financiaron os indianos para beneficio da súa terra natal.

En todos os azucarillos da colección inclúese un código QR e a dirección do sitio web www.indianosdelnorte.org un convite expreso a afondar no singular legado indiano da Rede e as actividades que promove.

Esta tipoloxía de colaboración con Café Dromedario, que ten sede no municipio de Medio Cudeyo, terá continuidade en próximas actuacións destinadas ao mesmo obxectivo: divulgar a pegada indiana.

Lea también

El BOE publica la declaración del puente de Cruzul, en Lugo, como bien de interés cultural

El Boletín Oficial del Estado (BOE) publicaba este jueves el real decreto por el que …