Escolares de Primaria e Secundaria procedentes de centros de dez localidades galegas (A Coruña, Oleiros, Cambre, Ferrol, Laracha, Ourense, Narón, Sarria, Ordes e Culleredo) son os gañadores do IX Concurso de Debuxo Picasso, que organiza a Asociación de la Prensa de A Coruña (APC) e que conta co patrocinio da Dirección Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e coa colaboración do IES Eusebio da Guarda.
O xurado concedeu un total de 9 premios e 18 accésits entre os preto de 350 traballos que se presentaron ao certame, unha iniciativa que pretende estimular a creatividade do estudantado e resaltar a figura do pintor, que pasou parte da súa infancia na Coruña e onde facía xornais con debuxos e noticias para a súa familia como os que emularon os rapaces e rapazas do concurso.
Os gañadores de cada unha das tres categorías do Premio Picasso ao mellor xornal recibirán un cheque regalo de 450 euros. Os profesores que enviaron os traballos gañadores, un lector de libro electrónico.
Pola súa banda, o premio para os gañadores dos premios José Luis Bugallal Marchesi e Olga Cristina Viaño Sánchez, que distinguen, respectivamente, o mellor deseño e a mellor redacción, consistirá nun cheque regalo por valor de 300 euros. Os participantes distinguidos con accésit recibirán un diploma acreditativo.
O acto de entrega de premios terá lugar o vindeiro luns 17 de xuño (18.00 horas) no IES Eusebio da Guarda, o mesmo lugar onde estudou Picasso durante a súa estadía na Coruña. O instituto coruñes tamén acollerá a exposición dos mellores traballos.
RELACIÓN DE PREMIADOS
CATEGORÍA A (3º, 4º, 5 e 6º de Primaria)
Premio Picasso ao mellor xornal
Nora Gil Vigo
Colexio Ludy (Ferrol)
Profesora: Celia Castro
Premio José Luis Bugallal á mellor ilustración
Antía Ríos Anido e Salomé Boncija Sanjurjo
CEIP Gonzalo Torrrente Ballester (Cambre)
Profesora: Lucía Vázquez Martínez
Premio Olga Cristina Viaño Sánchez á mellor redacción
Candela Jallas Rodríguez, Emma Domínguez Edreira e Sofía Doldán Arcay
CEIP Gonzalo Torrrente Ballester (Cambre)
Profesora: Lucía Vázquez Martínez
Accésits
Manuela Blanco Calvo, CEIP Ramón de la Sagra (A Coruña).
Mayra Canoura Foks e Sara Katherine López Sandoval , CEIP Graxal (Cambre).
Elsa Zapata Torres, Eva González Zagorodnykh e Ana Canosa Ferrío, CEIP Gonzalo Torrrente Ballester (Cambre).
Irene López Grela e Sabela San José Amor, CEIP Gonzalo Torrrente Ballester (Cambre).
Xonxa Blanco Calvo, CEIP Ramón de la Sagra (A Coruña).
CATEGORÍA B (1º e 2º de ESO)
Premio Picasso ao mellor xornal
Aroa Maceiras e Sofía Pérez
IES Blanco Amor (Culleredo)
Profesora: Isabel Aller
Premio José Luis Bugallal á mellor ilustración
Luz Blanco Tato
IES Miraflores (Oleiros)
Profesora: Ana Sogo
Premio Olga Cristina Viaño Sánchez á mellor redacción
Aaron Jacob Almeida
IES Blancoamor (Culleredo)
Profesora: Isabel Aller
Accésits:
Marina Castro Rodríguez e Ainara Naveira Sánchez, IES Agra de Leborís (A Laracha)
Lorena Blanco Noya, Colexio Maruxa Mallo (Ordes)
Gabriela Gordo Lago, Colexio Maruxa Mallo (Ordes)
Mauro Suárez Rodríguez, Colegio Santo Ángel (Ourense)
Aisha Ba Sow Bouyoucef, Colegio Santo Ángel (Ourense)
Inés Mosquera Martínez, CPR Santiago Apóstol (Narón)
Osama Lemsahri e Paula Villar Romero, IES Agra de Leborís (A Laracha)
Lola Freire Blanco, IES Miraflores
CATEGORÍA C (3º e 4º de ESO)
Premio Picasso ao mellor xornal
Lucía Barral Pedreira e Anxo García Fernández,
IES María Casares (Oleiros)
Profesora: Hortensia García Martínez
Premio José Luis Bugallal á mellor ilustración
Aldara Campo Rodríguez, Sara Suárez Maceda e Sonia Orille Pérez
IES Xograr Alfonso Gómez (Sarria)
Profesora: Begoña Arias Veiga
Premio Olga Cristina Viaño Sánchez á mellor redacción
Alba Echeverri
IES Miraflores (Oleiros)
Profesora: Irene Lustres
Accésits:
Jennifer Aneiros Burguillo, CPR Santiago Apóstol (Narón)
Irene Yáñez, IES Eduardo Blanco Amor (Culleredo)
Amara Soto Reino, IES Rafael Puga Ramón (A Coruña)
Daniela Chamoso Rodríguez, Colegio Santo Ángel, Ourense
Paula Daviña Queijo, IES Agra de Leborís (Laracha)
Uxía Arias Pérez e Martina Bolon Collazo, IES Agra de Leborís (Laracha)