Máis de 1.200 escolares participan en Narón na “XVI Marcha Ciclista Escolar”

Uns 1.200 escolares participarán este venres 7, na décimo sexta edición da Marcha Ciclista Escolar organizada polo Concello de Narón.

Alumnado dos colexios naroneses Ponte de Xuvia, Jorge Juan, O Feal, o CRA, A Gándara, Santiago Apóstol, Virxe do Mar, Ayala, A Solaina, Piñeiros subiranse ás súas bicicletas pasadas as 9:30 horas para realizar un percorrido pola zona urbana e, en grupos, dirixirase cara ao paseo de Xuvia, onde reporá forzas e descansará do traxecto.

Os escolares reagruparanse no aparcadoiro do Pazo da Cultura e na rotonda de Freixeiro, segundo os centros, para dirixirse xuntos a Xuvia, accedendo ao paseo pola rúa Xoán XXIII.

No percorrido estarán acompañados por unha ampla representación dos pais e nais dos escolares, integrantes das Anpas dos centros; persoal do Moto Club Fojeteiros, do ximnasio Beny Gym, e do club ciclista de Narón Clásicos BikeWorks, que colaboran na iniciativa xunto co Centro Comercial Narón, a Universidade da Coruña e o establecemento Gadis.

Persoal do Speis de Narón e axentes da Policía Local acompañarán tamén aos participantes nesta XV Marcha Ciclista Escolar. O alumnado, de terceiro a sexto de Primaria e no caso dalgún centro de Secundaria, poderá ver no paseo vehículos da Policía Nacional e Local, da Garda Civil e do SPEIS de Narón no tempo de descanso e ata regresar ao colexio, sobre as 12:30 horas.

Unha das finalidades desta convocatoria é promover o deporte e a vida saudable entre os menores, ao tempo que poñer en práctica todos os seus coñecementos en materia de seguridade viaria, tal e como recordou o edil de Seguridade Viaria, José Oreona.

Lea también

Nico Rosa, jugador más regular de O Parrulo Ferrol para el Premio Hyundai ante UD Ibiza Gasifred

O Parrulo Ferrol jugaba el pasado sábado delante de su afición en el Pabellón de …