Psoe Ferrol desexa someter á consideración do Pleno a seguinte moción sobre reparto
de custos do saneamento co Concello de Narón.
«En febreiro de 2023, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia dou a razón ao Concello de Ferrol pola contía que debe pagar pola explotación dos interceptores xerais do saneamento. O anterior goberno de Ferrol, interpuxo unha demanda contra o Concello de Narón ao considerar que os porcentaxes de reparto de custos do servizo de saneamento non se axustaban á realidade e estaban descompensados».
«Anteriormente e dende o inicio da incorporación das augas de saneamento do Concello de Narón, Ferrol asumiu, sen ningún estudo previo, o 70% do custo do servizo mentres que Narón só o 30%».
«No anterior mandato, o goberno realizou os estudos pertinentes para identificar eses coeficientes de reparto e tamén exixiu a ACUAES a colocación de caudalímetros nos distintos puntos de conexión para poder medir os caudais que aportaba cada concello ó colector de saneamento».
«Na actualidade, e despois da recepción en data 24-09-2021 do informe presentado por Augas de Galicia en relación ao estudo de costes de saneamento de Ferrol e Narón, dispóñense de datos (páxina 65 de dito estudo) dos que resulta unha porcentaxe do reparto ao utilizado “…a boa conta”, conforme o escrito presentado por Augas de Galicia con data 17-12-2021, rexistro de entrada 64.040, se comunicou un novo reparto de costes, de 58,31 Ferrol/ 41,69 Narón».
«Por outra banda, o pleno do día 25 de agosto de 2022, aprobou as liquidacións pendientes ata o ano 2021, e se establecía que a débeda total que o Concello de Narón mantiña frente ao de Ferrol á data de 1 de marzo de 2022 ascendía á cantidade de 3.497.419,88 €».
«O goberno municipal que leva casi un ano, ainda non trouxo a este pleno ningunha liquidación correspondente ós anos 2022 e 2023, co cal a débeda casi vai duplicar esa contía. O goberno di que está a chegar a un acordo con concello veciño».
«Nembargantes, o que sí fixo foi modificar as taxas por abestecemeneto e saneamento de auga case un 40% de media, facendo pagar ás veciñas e veciños de Ferrol o desequlibrio financieiro da empresa mixta de augas Emafesa e tamén o desinterese mostrado neste tempo». «Nada en canto a reclamacións pendentes das débedas, nin no referido ao reequlibrio dos custos derivados dos incrementos dos prezos da enerxía durante a pandemia e a necesidade de revisar os prezos do suministro de auga potable en alta. Nada de nada».
«Ademáis, en decembro de 2022 Acuaes adxudica a Viaqua o contrato para as obras da instalación dos caudalimetros de augas residuais urbanas xestionadas polos Interceptores Xerais da marxe dereita da ría de Ferrol por 409.003 euros para conocer con exactitude o volume que chega a estas infraestructuras desde Ferrol e Narón».
«Ata esta data, e a pesar de pedilo en reiteradas ocasións, nas comisións informativas e en escritos, tamén no rexistro municipal, non temos ningunha información ao respeto do funcionamento dos caudalímetros nin das súas medicións».
«Por todo o que antecede, o Grupo Municipal Socialista solicita ao goberno municipal explicacións sobre o presunto desistimento desta reclamación xudicial, aprobada en pleno municipal co apoio do Partido Popular na data do 22 de agosto de 2022, xa que entendemos que calquera decisión de desistimento desta reclamación xudicial non ten ninguna base, salvo que o Concello de Narón acepte o reparto de custes según o que establecen os estudos realizados polo Concello de Ferrol e Augas de Galicia, e a maiores polas medicións realizadas polos caudalimetros xa instalados».
Por todo iso, o Grupo Municipal Socialista presenta a seguinte proposta de acordo:
1. «Solicitar ao goberno municipal explicacións, os informes xurídicos validando o interés público e os detalles, motivacións, sobre o suposto desestimento e suspensión da reclamación xudicial contra o Concello de Narón polo reparto de custos do saneamento».
2. «Instar ao goberno municipal a realizar, a maior brevedade, a liquidacións correspondentes polo servizo de saneamento ao Concello de Narón corresanos 2022 e 2023».
3. «Solicitar ó goberno de Ferrol que proceda a revisa-los convenios de suministro de auga en alta que se aplican aos concellos da comarca aos que se lles suministra auga, atendendo a situación extraordinaria de incremento de prezos da enerxía, para evitar que os veciños de Ferrol acaben pagando máis que os veciños da comarca polo mesmo servizo».
4. «Solicitar ao goberno municipal que facilite información sobre desde cando funcionan os caudalímetros e as medicións rexistradas desde a súa posta en funcionamento por parte de ACUAES».
5. «Instar a ó goberno municipal de Ferrol, a traer as contas así como os orzamentos pendentes correspondentes a empresa pública Emafesa a este pleno para a súa aprobación».
6. «Instar ó goberno de Ferrol, a derogar as taxas que acaba de aprobar de saneamaneto e abastacemento de auga, para evitara que sen ter en conta, todos estes aspectos todolos veciños deste concello debana asumir uns custos polo servicio que nos se derivan únicamente dos incrementso de prezos senón tamén da desidia no referido a situcaión da empresa mixta de augas».
A outra moción versa sobre as infraestruturas para o transporte de pasaxeiros en Ferrol
«O Partido Socialista de Ferrol lamenta profundamente a falta de interese da Xunta de Galicia ao non incluír o tren Ferrol-Coruña entre as súas prioridades. Os socialistas consideran que a conexión ferroviaria entre as dúas cidades e a conexión có Eixo Atlántico é vital para o desenvolvemento e a mobilidade da cidadanía, e a súa exclusión das discusións e plans da Xunta resulta inaceptable».
«O grupo socialista critica que para o Goberno de Galicia esta importante infraestructura e servizo non sexa unha prioridade. Tanto o expresidente Feijoo como o presidente Rueda, non consideraron que a conexión ferroviaria con Ferrol, debera ser unha das custións máis urxentes a abordar co Goberno Central».
«Nin estaba na axenda do expresidente Feijoo, nin tampouco na axenda da recente solicitude da Xunta de Galicia dunha reunión co MInistro de Transportes Óscar Puente para tratar temas prioritarios para Galicia, entre os que se atopan diversas cuestións relacionadas co transporte ferroviario. Lamentablemente, o tren Ferrol-A Coruña tampopuco se inclúe entre elas».
«O esquecemento da Xunta co trasporte urbano e interubano de Ferrolterra, non somentes ten que ver co eiudo ferroviaria senón tamén co traspòrte de viaxeiros da nosa contorna cara a nosa cidade así como tamén cara a otras cidades ou vilas de Galicia mesmo para traballar, estudar ou recibir outros servizos básicos (Xustiza, sanidade, etc…)»
«A propia estación de autobuses de Ferrol, languidece, sen mantemento, servizo, nen coidado algún, e apenas hai alguén alí para prestar un mínimo de información a viaxeiros que a empregan a diario, ante o desinterés da Xunta polo seu e bo funcionamento».
«O Partido Socialista de Ferrol solicita á Xunta de Galicia rectificar esta omisión e a traballar activamente para garantir unha conexión ferroviaria adecuada e de calidade entre Ferrol e A Coruña, que consideramos debe ser prioritaria nos planes de desenvolvemento e mellora da infraestrutura de transporte en Galicia , por suposto para o Goberno Galego tanta como para o Goberno de España, e que nos permita chegar a Coruña no entorno da media hora, e nos conecte con Santiago e Vigo nas mesmas condicións que o resto de cidades do Eixo Atlántico».
«Por outro lado, nos parece lamentable a situación tercermundista na que se atopa a Estación de Autobuses na actualidade, cunha falta total de mantemento das instalacións que fan que sexa indigna para os usuarios que a frecuentan e para a nosa cidade, ante a pasividade da Xunta de Galicia».
«Ademais, Ferrol non debería ser a única gran cidade galega sen estación intermodal: consideramos que é prioritario resolver as comunicacións ferroviarias e mellorar o transporte urbano por carretera, pero en ningún caso renunciar a ter nun futuro próximo unha estación intermodal como o resto de cidades galegas». «Tal e como vimos reclamando dende hai varios anos, agora, resolto o Convenio con Defensa respecto ao Sánchez Aguilera (colindante nese ámbito), entendemos que é o momento de afrontar o deseño e planificación de esta nova infraestrutura».
Por todo isto solicita o Grupo Municipal Socialista
1. «O pleno de Ferrol exixa ó presidente da Xunta de Galicia a que en todos os encontros co Goberno de España estea presente na axenda a necesidade prioritaria de desenvolver as actuacións necesarias para a incorporación de Ferrol ao Eixo Atlántico ferroviario tanto de persoas como de mercadurías que nos permita chegar a Coruña no entorno da media hora e a conexión con resto de cidades galegas en condicións de igualdades».
2. «Instamos ao goberno municipal a promover coa maior celeridade a sinatura do convenio con ADIF e a Xunta de Galicia, para o desdelvovemento da estación intermodal e que o seu deseño se realice coordinadadmente e tendo en conta o deselvovemento da reurbanización da parcela do PERI-2R Sánchez Aguilera».
3. «Instamos á Xunta de Galicia a facer as obras de mantemento e mellora necesarias para ter a actual Estación de Autobuses nunhas condicións dignas para o uso por parte dos usuarios do transporte, e mellorar o trasporte de viaxeiros por estrada, de xeito que as usuarias e usurios non padezan as deficiencias dus servcio básico para traballar, estudar ou recibir outros servzos básicos, adaptando os servizos e as frecuencias ás necesidades reáis dos usuarios».