Exposición de pintura no Espazo +60 Afundación de Ferrol

Foto cedida. Fuente Hedi Anine Ploegstra

Afundación, a Obra Social de ABANCA, presenta este mércores 29 de maio ás 18.30 horas, no seu Espazo +60 de Ferrol, a mostra das obras de arte froito do traballo realizado polas 31 alumnos do obradoiro de pintura que, ao longo deste curso, se veu impartindo no centro por parte da artista neerlandesa Hedi Anine Ploegstra

Ata o vindeiro 6 de xuño, poderase visitar de luns a venres en horario de 09.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas, e o os sábados de 09.00 a 14.00 e de 17.00 a 19.00 horas.

Con máis dun centenar de pezas, seleccionadas de entre a produción artística anual, e realizadas con diversas técnicas, o obradoiro de pintura do Espazo +60 de Ferrol cumpre este ano a súa trixésima cuarta edición. A entrada é libre e gratuíta.

Esta actividade enmárcase na liña de aprendizaxe permanente que define as propostas desenvolvidas desde a Área de Maiores de Afundación, que incentiva a seguridade persoal e axuda a manterse en compromiso cun mesmo e a súa contorna.

Para favorecer a adquisición de novos coñecementos ou de melloralos, dar resposta aos intereses máis variados e á inquietude por relacionarse con outras persoas con intereses afíns, Afundación propón unha ampla programación formativa en ámbitos relacionados coa arte, idiomas, saúde, educación financeira, historia, entre outros.

Lea también

Afundación celebra el Día de la Música con conciertos sincrónicos

Afundación, la Obra Social de ABANCA, celebra el Día de la Música, día de Santa …