As Axudas pra a adquisición de bicicletas eléctricas de pedaleo asistido está aberta ata o 15 de novembro

A delegada territorial da Xunta en Ferrol realizou este lunes unha visita ao establecemento Dromosport, un dos negocios adheridos ao programa Ebici

A delegada territorial da Xunta en Ferrol animou á cidadanía a solicitar as axudas para a adquisición de bicicletas eléctricas de pedaleo asistido cuxa convocatoria remata o próximo 15 de novembro, agás que o orzamento que ascende a 2,7 M€ se esgote antes.

Durante á visita realizada esta mañá ao negocio Dromosport, en Narón, un dos oito establecementos da zona adheridos ao programa Ebici, Aneiros lembrou que o obxectivo deste programa é “promover que os cidadáns realicen os seus desprazamentos cotiáns de curta distancia en bicicleta, especialmente nas contornas urbanas, fomentando unha mobilidade máis saudable para quen se decante polo emprego deste medio de transporte alternativo, reducindo as emisións a atmosfera e tamén o ruído”.

Tal e como explicou estas axudas cobren ata o 50% do custo da bicicleta eléctrica, cun máximo de 500 euros, con carácter xeral. Sen embargo, as familias numerosas teñen máis vantaxes xa que os incentivos cobren o 60%, cunha aportación tope de 600 euros; e para as de categoría especial, os descontos elévanse ata un máximo de 700€, cubrindo ata un 70% do custo. Ademais as persoas con mobilidade reducida tamén poden acceder a un desconto de ata o 70% do custo da bicicleta de man híbrida ou eléctrica para cadeira de rodas, cunha achega de ata 700 euros.

A delegada territorial recordou que son os propios negocios os encargados de tramitar as axudas e que a listaxe de adheridos pode consultarse na web da Dirección Xeral de Mobilidade.

 

 

Lea también

72 persoas participan en Narón nos obradoiros do proxecto municipal aCLIMAtarnos

A Casa da Mocidade acolleu o primeiro dos obradoiros do proxecto “aCLIMAtarnos”, sobre concienciación ambiental …