Psoe Ferrol solicita a contratación inmediata do proxecto de reurbanización do Sánchez Aguilera

«O novo barrio de Ferrol acumula un retraso dun ano como consecuencia da falta de xestión» afirma o Psoe Ferrol

O Grupo Municipal Socialista denunciou «os retrasos que acumula o proxecto de reurbanización do Sánchez Aguilera, un proxecto que supón para a cidade a creación dun novo barrio de mais de 89.000 metros cuadrados que se poderían destinar á construcción dunha residencia universitaria, unha nova sede xudicial, unha zona deportiva e a dotación de espazo adicado a zona residencial, ademais dos 17.500 destinados a zonas verdes».

O grupo lembra que» todos os avances que se produciron en relación con este proxecto viñeron da man dun goberno socialista». «Cada vez que Rey Varela ten que facer algo no proceso, o que consigue é retrasalo», aseguraron.

Así, subliñaron que «no mandato 2011-2015, o revisionismo de Rey Varela levou o “Convenio de Defensa” a unha paralización que non puido desbloquearse ata o mandato pasado, no que quedou definitivamente aprobado o proxecto de equidistribución do PERI-2-R Sánchez Aguilera e do convenio có INVIED para a enaxenación de varias propiedades ubicadas no municipio».

Subliñan os socialistas que «disto fai máis dun ano e dende entón non se deu nin un paso para a contratación do proxecto de reurbanización que nos permita ir das palabras os feitos». Así mesmo, aseguran que «este proxecto debería estar xa contratado, pero o certo é que non iniciaron nin a licitación».

O grupo socialista apunta que «no orzamento municipal do ano 2023 «esqueceron» incluir a partida para a contratación de dito proxecto e malia a alegación socialista reclamando que se incluira, Rey Varela rexeitou dita proposta».

«Posteriormente, o PP meteu o importe para o orzamento do 2024 sen que se teña iniciada a licitación, e «comprobamos con preocupación que no mesmo orzamento inclúen unha partida para executar un aparcadoiro que podería ser incompatible coa reurbanización, o cal pon de manifesto que a execución da reurbanización non é unha prioridade deste goberno».

Neste punto compre recordar que «foi o Partido Popular o que fixo unha alegación o proxecto de equidistribución para que se tivera en conta o aparcadoiro de máis de 300 prazas na parcela L3, o que fai inecesaria a cuantía de 100.000€ para ese aparcadoiro contemplado nos orzamentos na parcela D6 que forma parte do entorno do baluarte do Infante».

Así mesmo,«este proxecto de urbanización debería contemplar o encaixe coas futuras modificacións viarias resultantes da construcción da futura estación intermodal».

«Dende o noso punto de vista é imprescindible ter coherencia no desenvolvemento do que vai ser un novo barrio no centro da cidade que ten que aportar esas zonas libres e equipamentos dos que carece a contorna dos barrios da Magdalena, Canido e Santa Mariña, cumprindo escrupulosamente o planeamento definido tanto no PXOM como no PERI do Sánchez Aguilera».

«Ó non ter iniciada ningunha actuación nun ano evidencia a carencia dun modelo de cidade e a desidia no desenvolvemento deste proxecto deste goberno municipal».

«A nosa cidade non pode paralizarse de novo, como pasa cada vez que goberna o Partido Popular en Ferrol e por iso solicitamos que inicien a contratación do proxecto de urbanización para que a creación deste novo barrio na nosa cidade sexa unha realidade», destacan.

Lea también

Llega a Ferrol la exposición Promoción de actuacións financiadas cos fondos europeos

El teniente alcalde de Ferrol, Javier Díaz, ha inaugurado en la mañana de este viernes …