Na andaina parroquial que percorreu parte de Santa Mariña do Monte participaron un total de 20 persoas que elixiron na súa maioría, o percorrido máis longo dos dous propostos polo departamento de Deportes do Cocello de San Sandurniño. En pouco máis de hora e media completouse unha ruta circular duns 5,2 quilómetros que rematou cunha pequena merenda con café e biscoito por cortesía do grupo de ximnasia de mantemento de Santa Mariña.
Os seguintes itinerarios serán o próximo luns 27 de maio en Naraío, de 3,2 km con saída ás 16:00h desde a pista polideportiva da Veiga; e o venres 7 de xuño en Lamas, tamén ás 16:00h partindo desde o local social do Chao para dar unha volta de algo máis de 4 quilómetros. Para participar non cómpre inscrición, senón que abonda con estar no punto de saída á hora sinalada.
Ruta Cicloturista en familia
Este domingo 26 de maio tamén se vai desenvolver a tradicional Ruta Cicloturista en Familia, que discorrerá por 14 quilómetros de pistas e estradas de baixa dificultade dos arredores do centro urbano e Pedroso.
Sairase ás 11:00h do CPI de San Sadurniño e ofértanse 75 prazas que se cubrirán por orde de inscrición (gratuíta). Poderán participar nenos de 6 anos en diante e para anotarse será necesario cumprimentar a ficha dispoñible na web municipal e enviarlla ao técnico de Cultura e Deportes (agustin.perez@sansadurnino. gal). Tamén se poderá cubrir no punto de saída ata minutos antes do inicio da ruta.