Convocatoria da final dos concursos «As Pontes, terras de cogumelos»

Este sábado 25 de maio ás 11 horas terá lugar en As Pontes a final e a entrega de premios ós  finalistas e gañadores nos dous concursos micogastronómicos a base de cogomelos nas dúas categorías, doce e salgado.

A actividade é aberta ao público, é realizarase no local social Beira do Eume, na rúa Chamoselo nº18, aproveitando que conta con equipamento axeitado para que as persoas concursantes poidan presentar os seus pratos finalistas.

Esta actividade está enmarcada na 3a edición do programa micolóxico municipal “As Pontes, Terra de Cogomelos”, que por primeira vez tivo lugar durante os meses da primavera, e cuxo obxectivo é promover os diversos aproveitamentos dos fungos e cogomelos na nosa bisbarra e en todo o territorio galego.

O programa das xornadas estivo composto por 15 actividades, desde obradoiros e faladoiros nos que diferentes especialistas no mundo da micoloxía achegaron ao público a temáticas diversas como a identificación de especies, hábitats ou usos culturais e sociais dos cogomelos. Así como saídas ao monte tanto para público adulto, familiar e escolar.

As xornadas desta edición, incluíron 2 concursos de receitas elaboradas a base de cogomelos silvestres. Un dos concurso estivo dirixido a cociñeiros profesionais e a centros de formación de hostalería de Galicia. E o segundo dos concursos gastromicolóxicos, estivo dirixido a todas aquelas persoas que gosten dos valores culinarios dos cogomelos e quera mostrar publicamente a súa afección polo ben comer.

Elena López, concelleira de Axenda Urbana, Turismo, Deporte e Promoción Económica, apunta que “a actividade deste sábado no local de Beira do Eume, está aberta ao público polo que calquera persoas pode asistir como público. Ademais de decidirse as persoas gañadoras dos concursos de receitas, quérese aproveitar para trasladar o agradecemento do Concello a todas as persoas participantes, con residencia non so nas Pontes, senón tamén en Coruña, Cambre, Narón ou Tenerife”.

Durante a actividade deste sábado, as persoas seleccionadas como finalistas farán entrega do seu prato de forma presencial, para que o xurado poida realizar unha valoración final e seleccionar as receitas gañadoras. Neste sentido, o xurado avaliará a orixinalidade, presentación, técnicas empregadas, protagonismo dos cogomelos nas receitas, aroma e o sabor. De igual forma, a entrega dos premios e agasallos realizarase ao remate da final e tras a deliberación do xurado.

Elena López destacou que “nesta terceira edición buscouse desestacionalizar os aproveitamentos culturais, económicos e turísticos dos cogomelos, tradicionalmente vencellados aos meses do outono, potenciando o seu alto valor engadido e as amplas posibilidades culinarias que ofrecen.  Ademais, todas as receitas que se recibiron serán recollidas coa súa autoría nun receitario que será publicado posteriormente”.

Para calquera dúbida ou aclaración, pode contactarse a través das vías habilitadas polo Concello, mediante correo electrónico terradecogomelos@mail.com ou no teléfono 604.047.337.

Lea también

Fene retira as copas de varias palmeiras afectadas pola praga do picudo vermello

O Concello de Fene continúa estes días cos labores de mantemento e control das árbores …