AECC presenta en Cedeira o seu club de saúde

A Asociación Española contra o Cancro presenta este venres 24 o seu club de saúde en Cedeira, nun acto que terá lugar no auditorio municipal ás 19.30h.

 Trátase dunha iniciativa que a entidade deseñou para contornas rurais e que pretende contribuír a mellorar os niveis de saúde integral das persoas participantes e aportar ferramentas para fomentar un maior benestar físico e social.

No acto participarán o alcalde de Cedeira, Pablo Diego Moreda Gil; Isabel Estevan,representante do Consello Provincial da Asociación Española contra o Cancro; Teresa Beceiro, presidenta da Xunta Local da Asociación na localidade e Ana Isabel Lorenzo, xefa de Servizo do Centro de Saúde de Cedeira.

Lea también

Solicitan el decomiso del coche de un vecino de Mugardos, investigado 13 veces por conducir sin carnet

La Guardia Civil investiga a un vecino de Mugardos, de 48 años de edad, como …