Cambios na ubicación de dous colexios electorais de Narón para os comicios 9X

O Concello de Narón informa sobre unha serie de cambios nos colexios electorais do termo municipal con respecto ás eleccións ao Parlamento Europeo que se celebrarán o vindeiro 9 de xuño.

Unha das modificacións é que os electores que ata agora votaban no CEIP da Solaina –distrito 4, seccións 6, 12 e 16- terán que facelo a partir de agora no Centro cívico social da Solaina, ubicado no número 6 da rúa Mercedes Freire Lago.

Así mesmo, as veciñas e veciños de Narón que votaban no Pazo da Cultura –distrito 4, sección 19-, terán que facelo no Centro cívico social de Chafarís, ubicado no número 37 da rúa do Rosal. Este cambio afecta aos residentes nas rúas Baiona, Bouzas, Cangas, A Garda, O Grove, Rosal, Santa Tecla, Tui, e na estrada de Castela (entre os números 239-289), no Camiño da Torre (entre os números 4 e 66) e na Praza de Tranvías.

Lea también

Los carteles de la Semana Santa de Ferrol desde que obtuvo la distinción de Fiesta de Interés Turístico Internacional se exponen en Odeón

El Centro Comercial Odeón continúa apoyando la promoción de la Semana Santa de Ferrol, después …