Inscrición aberta na II andaina en Narón do programa “Ponte en ruta con nós”

As persoas que desexen asistir á segunda das andainas programadas este ano a través do programa municipal Ponte en ruta con nós poderán anotarse ata este mércores 22, incluido. 

Así o recordou o edil de Deportes, Ibán Santalla, que apuntou que a ruta programada para este
domingo 26 de maio, é a da “Pena Molexa-Senda Ártabra”, duns 13,5 quilómetros.

Os participantes sairán ás 9:15 horas do centro cívico social do Val cara á Pena Molexa, para dende aí dirixirse á Pena Lopesa, o Campo do Aveal, O Casal, Vilarquinte e o Monte da Lagoa.

As inscricións realízanse nas oficinas do Padroado de Deportes (estrada da Gándara, 148), en horario de 8:30 a 13:00. O prezo que se debe abonar no momento da inscrición é de 5 euros por persoa, estando limitada a asistencia a un total de 150 camiñantes e non podendo acudir menores a non ser que vaian acompañados dunha persoa adulta.

Para recibir máis información pódese chamar ao número de teléfono 981 387 522.

Lea también

Valdoviño hizo entrega de los premios del Open de Tenis

Tras dos jornadas de intensa competición en el pabellón municipal O Longoiro, el Open de …