O BNG de Narón reclama unha asemblea de entidades deportivas inmediata

O BNG de Narón denuncia que «desde hai un ano o concello non convocou ningunha xuntanza para poder coñecer e incidir nas diferentes eivas que sofren entidades e clubs deportivos en Narón».

Reclaman que «se faga de maneira inmediata porque en Narón a práctica en diferentes deportes é máximo desde a base até a elite “e onde a meirande parte das persoas técnicas e directivas nos clubs traballan dunha maneira desinteresada” incide Olaia Ledo, portavoz municipal do BNG de Narón.

“A práctica deportiva en Narón é un exemplo e unha grande carta da presentación para a nosa cidade mais as entidades e clubs precisan ser escoitados en igualdade de condicións e por iso levamos reclamando desde hai un ano que se convoque a xunta de padroado de deportes pero, sobre todo, consideramos necesario crear unha asemblea de entidades con presenza municipal para que todas as partes interesadas poidan falar e opinar das necesidades e non como agora, onde só quedaría representada unha pequena parte” declara Ledo.

Se adxuntan as declaracións de Olaia Ledo, portavoz do BNG de Narón

Lea también

La provincia de A Coruña, donde más crece la cibercriminalidad: en Narón aumenta un 47,9% en 2025

La cibercriminalidad continúa creciendo en Galicia y aumenta, sobre todo, en la provincia de A …