Galicia acude cun equipo ben artellado ó Cto de España absoluto de Federacións de atletismo

Novamente un dos campionatos máis atractivos do calendario oficial de competicións acude fielmente a súa cita anual. Desta edición, será a cidade manchega de Ciudad Real quen reciba esta fin de semana, ás selecións autonómicas que compitirán este 12 de xullo no Campionato de España absoluto de Federacións a onde Galicia acude cun equipo ben artellado e competitivo.

Fuente Federación Gallega de Atletismo

Para este ano, foron convocados un total de 37 atletas nos que se mistura a veteranía e a experiencia coa xuventude e o debut de moitos dos seus integrantes o que fai posible unha convivencia moi enriquecedora tanto a nivel deportivo como a nivel persoal. A nivel de obxectivos plantexados, estes pasan por facer un bo papel en conxunto e ir permitindo aos novos valores emerxentes do noso atletismo, adquirir progresivamente un papel máis destacado.

Veteranía e calidade mistúrase con xuventude e futur

Entre a relación dos trinta e sete convocados, sitúase á cabeza da selección como abandeirada, a plusmarquista española e atleta olímpica Belén Toimil quen tomará parte nos concursos de peso e disco estando acompañada pola tamén olímpica e campioa de España, Antía Chamosa na modalidade de marcha.

Fuente Federación Gallega de Atletismo/ Dani Chamosa

O internacional Dani Chamosa nos 5.000 marcha, nun excelente estado de forma este ano, será pola súa banda, quen abandere o equipo masculino.

Xunto eles estarán participando o internacional e recente campión galego absoluto Mauro Triana nos 100 m. e un gran Sergio Rodríguez nos 200 m. , que está colleitando este 2025 os resultados de tantos anos de esforzo e constancia.

Nos 400 m. poderemos ver a Alberto Pérez e a campioa galega Inés Oitavén quenes estarán na línea de saída xunto a subcampioa de España Sub18 Sabela Martínez nos 800 m. Por parte masculina, Pedro Osorio que este ano «rachaba o crono» cunha MMP de 1:45.48, será outra importante baza galega en Ciudad Real.

A proba raiña do medio fondo, os 1.500 m., contará ca participación da subcampioa galega Inés Docampo. A última hora,  causaba baixa o gran valor do medio fondo e fondo galego, Alex Sierpes, en cuxo lugar participará o campión galego absoluto da distancia Pablo Bocelo.

Nas distancias de fondo, poderemos ver as evolucións da finalista no campionato de España Sub18 Paula Fernández e a dun excelente David de la Fuente de quen estamos vendo este ano a súa mellor versión. Nos 5.000 m., a segunda do ranking galego Eva Piñel compartirá tanto distancia como o obxectivo de sumar o maior número de puntos, co subcampión galego absoluto Carlos Porto.

Xa nos valos curtos, serán os plusmarquistas e campións galegos absolutos Hugo Vázquez e Uxía Pereira quenes defendan os intereses da irmandiña, acompañados nos 400 valos polos tamén campións absolutos Lía Caride Xabier Lires.

Sobre os concursos de saltos, importantes puntos en xogo que intentarán acadar a subcampioa de España Sub18 en altura Iria Solera e o campión galego, e finalista no campinato de España absoluto, Sergio Coello na lonxitude.

No tocante ao círculo de lanzamentos, o subcampión de España e plusmarquista galego Sub23 en peso Fernando Vallines tomará parte nesta cita xunto aos lanzadores de martelo Carlos Revuelta e a campioa de España Sub23 Blanca Pereira. No disco será o ecuatoriano con ficha por Galicia e líder do ranking RFEA, Juan José Caicedo o que parta como favorito grazas aos seus 68.05 m.

A maiores, acuden tamén a esta importante cita os campións galegose galegas absolutas, Cristina Garrido nos 100 m;, Ana Iglesias nos 200 m.; Pepe Sánchez e Pilar Rojo nos obstáculos; Adrián Pastoriza en altura;  Aitor Fernández en pértega;  Uxía Paz e Diego Míguez en triplo así como Manuela Blanco en pértega

Para rematar Mauro Vázquez reforzará ás as remudas mixtas dos 4×100 m. que terán en Mauro Triana, Ana Iglesias e Cristina Garrido aos seus integrantes. Inés Oitavén, Lía Caride, Alberto Pérez e Sergio Rodríguez repiten proba como integrantes do cuarteto que defenderá os intereses galegos nos 4×400 m.

Seleccion GZ AL absoluuta/ Fuente Federación Gallega de Atletismo

Lea también

A Deputación da Coruña entrega unha nova furgoneta ao Club do Mar de Mugardos

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o deputado de Deportes, Antonio …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *