O RallyShow Deputación da Coruña levará o mellor automobilismo galego ao circuíto das Pontes

O evento, que se celebrará o 30 de agosto, congregará a destacados pilotos e a numerosos afeccionados ao mundo do motor.

O mundo do motor galego ten unha nova cita marcada en vermello no calendario: o RallyShow Deputación da Coruña, que se celebrará o vindeiro 30 de agosto no Circuíto de Karting das Pontes. Un evento pensado para vivir a emoción dos rallys a pé de pista, que busca achegar a paixón polos coches, a competición e a velocidade á cidadanía, cun formato trepidante, visual e ao alcance de todos os públicos.

Impulsado pola Deputación da Coruña, este espectáculo automobilístico chega para quedar. Cun deseño inspirado nos grandes eventos europeos, o RallyShow desenvolverase ao longo dunha única xornada pero promete deixar pegada: 16 pilotos mediranse en eliminatorias directas, en carreiras corpo a corpo, cheas de tensión e espectáculo, ata coroar ao gran vencedor nunha final ao mellor de tres.

A cita contará cun cartel de luxo, con pilotos destacados do panorama galego e estatal, nun escenario que se converterá por un día no epicentro do motor galego. A organización corre a cargo da Escuadra Forcarei MotorSport e RallyService, e contará coa tecnoloxía e cronometraxe profesional de Atodomotor, cun equipo humano de máis de 25 persoas e todos os protocolos de seguridade e asistencia médica preparados ao milímetro.

A acción comezará con mangas de adestramentos libres e oficiais, das que sairán os emparellamentos para os oitavos de final. A partir de aí, cada carreira será unha batalla a dúo, a tres voltas, cunha única meta: avanzar cara á final. Ademáis, durante a xornada o público poderá gozar de exhibicións de carcross, un espectacular vehículo de drift como coche cero, música e animación.

RallyShow Deputación da Coruña será tamén unha oportunidade para poñer en valor os atractivos turísticos, culturais e comerciais do Concello das Pontes, xerando un impacto económico e social directo na vila e reforzando o compromiso da Deputación coa dinamización do territorio a través do deporte.

Tras o éxito de eventos como o Master de Galicia en Forcarei, esta nova proposta chega con forza para consolidarse como unha cita de referencia no calendario do motor galego. Un espectáculo pensado para vibrar, para sentir e para vivir de preto a paixón polo automobilismo.

Lea también

Cristóbal Parralo es cesado como entrenador del Nástic de Tarragona por la mala racha del equipo

Cristóbal Parralo  ha dejado de ser el entrenador del Nàstic de Tarragona. Así lo ha …