A ruta teatralizada «Camiño das letras» recorreu o patrimonio abandonado

A ruta de sendeirismo teatralizada ‘Camiño das letras’, organizada conxuntamente pola Agrupación Instutiva de Caamouco e a AVV de Limodre, cotou este ano coa  participación dos actores e actrices da Tenencia Teatro, baixo a dirección de Eugenia Sanmartín.
Tamén colaboraron nas representacións escénicas o grupo de pandeiretas da Agrupación, lideradas pola súa mestra Icía Sanmartín; e as alumnas do obradoiro de gaita da Agrupación, co seu mestre Miguel Carballeira. Ademais colaborou de novo Manolo Doval, como gaiteiro, así como varias persoas voluntarias, entre elas tres nenas, que tamén axudaron na lectura de textos. 
 
A ruta acadou este ano a súa terceira edición, acadando as 90 persoas participantes. A pesar da chuvia, que ameazou e mesmo fixo acto de presenza ao longo do percorrido, non impediu desfrutar aos participantes do itinerario entre as parroquias de Limodre e Caamouco, tocando tamén unha parte da parroquia mugardesa de San Xoán de Piñeiro
 
Este ano, ademais do fío cultural, con textos de autores e autoras galegas e, por suposto, de Luisa Villalta, o percorrido tivo como nexo común o patrimonio abandonado, tomando como puntos para as representacións teatrais e musicais espazos emblemáticos que caeron no esquecemento ou perderon a súa utilidade.
 
Unha das paradas mais siginificativas neste aspecto foi a coñecida como Estación de Franza, en San Xoán de Piñeiro, noutrora punto de referencia para a veciñanza da zona.
 
Outros exemplos deste patrominio abandonado foron o lavadoiro da Lousada, unha fonte de Limodre ou o palco do antigo campo da festa de San Xoán de Piñeiro. Outros dos puntos do itinerario foron a Escola de Limodre, a casoupa da Horta de Quinín, o alboio de Area Morta ou a sede da Agrupación Instrutiva. 

Lea también

Valdoviño acoge el documental “Emoción, vida e teatro. A nave das Marías”

El Ciclo Mestro Mateo continúa esta semana en Valdoviño con la proyección del documental «Emoción, …