Ferrol exalta a figura de Luísa Villalta para conmemorar o Día Das Letras Galegas

O concelleiro de Cultura, José Antonio Ponte Far, avanzou a programación prevista para conmemorar o día das Letras Galegas, que este ano homenaxea á escritora coruñesa Luísa Villalta.

As actividades comezarán o xoves 16, dende a Biblioteca municipal levarán aos centros escolares públicos da cidade a iniciativa E se o día das Letras Galegas recibiras unha visita inesperada? Trátase dunha acción cultural que nace este ano e pretende estenderse a máis centros na celebración do próximo ano.

Animacións onde a idiosincrasia de Ferrol, a Biblioteca municipal e tres escritores galegos -Rosalía de Castro, Eduardo Pondal e Luísa Villalta-, enredaranse nunha misión da que só sairán airosos dela da man dos nenos e nenas de Ferrol.

Xa pola tarde, a Biblioteca acollerá ás 19:00 horas a presentación do libro Cinza, na que estará presente o seu autor, Manel Cráneo, e tamén o escritor Xavier Alcalá.

O día 17, ás 11:30 horas, está prevista a actuación pola rúa do grupo de gaitas Agarimo e tamén o I Certame de Cantos de Taberna, que se celebrará nas cafeterías do centro e no Cantón de Molíns, a partir das 12:30 horas e ata as 13:30 horas.

O día 19, ás 19:30 horas no Auditorio, terá lugar a gala musical das Letras Galegas, na que actuarán o Real Coro Toxos e Froles, a coral Alecrín, deBrión e o Tradicoro Airiños de Fene. Ademais, vaise estrear unha obra de Juan Durán (Premio Reina Sofía, 2022), na que actuarán o barítono Gabriel Alonso e a soprano Clara Jelihovschi.

A escritora Yolanda Castaño, Premio Nacional de Poesía 2023, estará o día 21 ás 19:00 horas no centro cultural Torrente Ballester para recitar poemas de Villalta e seus tamén.

O programa de actividades concluirá o día 23 cun recital musical e poético de Luísa Villalta a cargo do grupo galego Indóciles. A cita é no centro cultural Torrente Ballester ás 19:00 horas.

Lea también

O COAG Ferrol inaugura en Ferrol unha exposición dos carteis que Felipe Peña deseñou para as actividades culturais da Escola de Arquitectura da Coruña

Inaugurarase este xoves, ás 19 horas, no Centro Cultural Torrente Ballester e poderase visitar ata …