Ares celebra o Día das Letras Galegas 2024 con narración oral e vermú literario

A concellaría de Cultura de Ares vén de desvelar a programación que se promoverá na vila para celebrar o Día das Letras Galegas do 17 de maio, unha data que dignifica a literatura galega e que está adicado neste ano á poeta Luísa Villalta.

Serán dous os eventos culturais organizados no municipio co galo das Letras Galegas.

O primeiro chegará o xoves 16 de maio ás 20:00 horas, ao salón de actos da Alianza Aresana e actuará como un espectáculo para adultos que mestura poesía, música e narración oral, baixo o nome de ‘Indóciles’.

Da man de Vero Rilo, narradora oral; Nuria Vil, recitadora e Mónica de Nut, música, agromará o legado e a voz poética de Villalta, unha das figuras con máis forza e rebeldía dentro do panorama da poesía galega.

O segundo evento producirase o sábado 18 de maio, ás 12:00 horas, na rúa Solín, ao carón do paseo marítimo da localidade, e será en formato vermú-presentación: o escritor Pablo J. Rañales debullará as temáticas que desenvolveu en ‘Os afogados’, a súa primeira novela en galego, gañadora ademais do Premio Illa Nova de Narrativa 2023 para voces emerxentes da literatura de Galicia.

Conversará con Alma Barrón, concelleira de Cultura, sobre unha historia onde o océano, a relación coa natureza e a viralización dos discursos de odio son protagonistas. Contará coa colaboración da Libraría Áncora e do Estuary Bar, que prestará servizo de bebidas durante a presentación ao aire libre.

Lea también

Ya está en marcha un nueva rondalla en Ferrol, «Nas ondas do Mar», tras la ruptura con el Club de Campo

Tras una leve la tempestad en el mundo rondallístico ferrolano al notificar el Club de …