IES Terra de Trasancos de Narón participa nunha xornada sobre oportunidades europeas

Alumnado de primeiro curso de Bacharelato e Ciclos Formativos do IES Terra de Trasancos participou na xornada dun obradoiro enmarcado nos actos da Semana Europea da Xuventude 2024, promovido por Europe Direct a través da Asociación Ingalicia-Eurodesk A Coruña.

No transcurso do obradoiro os rapaces coñeceron as principais oportunidades europeas de mobilidade, formación, educación, emprego e voluntariado, tal e como indicou a concelleira de Promoción Económica e Ensino, Olga AmeneiroO salón de actos do IES Terra de Trasancos acolleu a iniciativa, na que participaron un total de 87 alumnos.

O Concello de Narón adheriuse o pasado ano á iniciativa “Europa no teu Concello”, creada por Europe Direct A Coruña e a Deputación da Coruña e que funciona a modo de punto local de información europea nos concellos, tendo entre os seus obxectivos achegar información europea aos mozos e mozas.

O andar do Servizo Sociocomunitario municipal acolle o expositor con información oficial sobre iniciativas europeas dirixidas á mocidade.

Lea también

A conferencia sobre saúde mental prevista para este sábado en Narón, adíase ó día 29

A conferencia da psicóloga Rita Touza, prevista inicialmente para este sábado 23, adíase ata o …