O Centro Cívico de Canido en Ferrol acolle a II palestra do ciclo «O barrio é noso»

 
 
Este venres día 10 terá lugar a II palestra do ciclo «O barrio é noso» que leva por título “A Rehabilitación: como mudan os nosos barrios?”
 
Esta nova conversa virá da man de María Fernández Lemos, que foi concelleira de urbanismo no concello de Ferrol no período 2015-2019 e que ademais de arquitecta é experta en urbanismo e rehabilitación. E é precisamente nesta última faceta onde está a desenvolver na actualidade a meirande parte da súa actividade profesional.  
 
Durante esta charla que dará comezo ás 19.00 h. no Centro Cívico de Canido, vaise tratar a rehabilitación dende outro punto de vista. Tocaranse cuestións como se existe cultura de rehabilitación, os beneficios que trae esta ou falar dos distintos casos de éxito e as mudanzas que leva consigo tanto no caso de habitabilidade, dos espazos urbanos ou sobre a calidade de vida.
 
Este ciclo comezou o pasado 12 de abril e contou coa presenza de Iago Lestegás Tizón, que falou sobre a xentrificación, e seguirá nos vindeiros meses tratando diferentes temas relativos ao modelo de cidade e de barrios que queremos.
 

Lea también

En libertad, sin cargos, el presunto autor de una agresión sexual en Ferrol

El magistrado juez del juzgado de instrucción número 3, de guardia, de Ferrol  ha decretado …