Narón designará no pleno do día 13 os membros das mesas para as eleccións Europeas

Foto archivo

O Concello  de Narón acollerá o vindeiro luns, 13 de maio, ás 9.00 horas, un pleno extraordinario para proceder ao sorteo dos membros das mesas para as eleccións ao Parlamento Europeo que se celebrarán o 9 de xuño (presidentes, vogais primeiros e segundos e os respectivos suplentes).

As persoas que resulten seleccionadas recibirán unha notificación no seu domicilio e no caso de non poder ocupar o posto o día das eleccións deberán xustificalo ante a Xunta Electoral de Zona de Ferrol, ubicada no edificio do Xulgado, na rúa Coruña.

Lea también

Aitana Sánchez-Gijón chega ao Pazo da Cultura de Narón coa “Malquerida” de Jacinto Benavente

A revisión da obra do Premio Nobel, dirixida por Natalia Menéndez, fai parada en Narón …