Loreto Pérez e o Gran Premio de Marcha Cantones, distinguidos na Gala Anual RFEA

Un ano máis a Gala anual da Real Federación Española de Atletismo, na que se distingue a todos os estamentos e actores atléticos principais no 2023, volve contar con destacada presenza galega.

Foto Federación Galega de Atletismo

O gran ano de Loreto Pérez.

Sen lugar a dúbidas este está a ser un dos grandes anos de Loreto Pérez a nivel deportivo.

Como informou a FGA o pasado 13 de novembro a xuíza internacional de Vigo, quen recentemente era asignada para tomar parte nos Xogos olímpicos de París-24, suma agora este recoñecemento que pon en valor o gran ano levado a cabo no 2023. 

A súa traxectoría remóntase ao ano 1992 na que adquiría a categoría de Xuíz territorial, momento desde o cal lograba no ano 2012 o nivel II RFEA e no 2012 o nivel III. A maiores tamen conta co máximo nivel internacional de World Athletics Referee Gold Level

Entre os recoñecementos que a RFEA destaca dela, salientamos a súa presenza como WA Referee no Campionato do Mundo de Budapest, así como na Universiadad de Chengdu, sendo Delegada Técnica na proba internacional de combinadas celebrada na localidade italiana de Desenzano del Garda, a finais de abril. A maiores no mes de setembro, remataba o 2023 como Delegada Técnica no Meeting de Padua 

Outras actividades valoradas foron a súa Dirección nol V Congreso Técnico de Xuices de Atletismo desenvolto en Santiago e a súa colaboración na traducción dos Regulamentos e publicacións técnicas da World Athletics

O enéximo recoñecemento para o Gran Premio Cantones

O premio á mellor competición de marcha atlética foi novamente parar ao GP Internacional Cantones de A Coruña – Trofeo Sergio Vázquez, organizado pola Federación Galega de Atletismo e Concello de A Coruña o día 3 de xuño de 2023.

Un año máis, foi todo un luxo ver a gran parte de los mellores marchadores e marchadoras do mundo, colocando á proba como a mellor do mundo na súa especialidade. O brasileiro Caio Oliveira Bonfim e a peruana Kimberly García León foron os gañaadores das probas de 20 km marcha, cunha María Pérez en quinta posición preparando o camiño para o que viría dous meses despois no Mundial de Budapest.

Gala del Atletismo Español celebrarase este sábado 27 de abril no auditorio Goyeneche, na sede do Comité Olímpico Español en Madrid.

Lea también

Fene acolle o XX Slalom Scratch

O evento se celebra este sábado 23 de novembro no circuíto urbano de San Valentín. …