O Concello de Valdoviño celebra este sábado 27 de abril o obradoiro «Artes Galegas 2024: Asorey, un escultor monumental», dirixido a nenos de entre 7 e 12 anos.
Terá lugar na biblioteca municipal, ás 11:30 horas, con participación gratuíta e inscrición previa na casa da cultura (presencialmente ou nos teléfonos 981 48 76 66 e 645 305 229) nas seguintes datas e horarios: este luns 22 e mércores 24 e venres 26 de abril de 16 a 19 horas, e martes 23 e xoves 25, de 10 a 14 horas.
A actividade inclúese no programa Ler Conta Moito.
Trátase dun taller creativo no que nenos e nenas poderán experimentar o proceso creativo do artista facendo a maqueta dun monumento escultórico propio e a reprodución reducida dunha obra de Francisco Asorey, considerado un dos máis grandes escultores galegos de todos os tempos, e ao que neste 2024 se lle rinde homenaxe no Día das Artes Galegas.