Ares entrega os premios do IV Concurso de Escritura Creativa de Microrrelatos Escolares

Concello de Ares e CPI As Mirandas entregaron esta semana os premios do IV Concurso de Escritura Creativa de Microrrelatos Escolares.

Na efeméride do Día do Libro 2024, o salón de actos da Alianza Aresana acolleu  a entrega de galardóns do Concurso de Escritura Creativa de Microrrelatos Escolares, un certame literario que xa vai pola cuarta edición e que expón os vencellos entre a comunidade educativa de Ares, a mocidade do municipio e a administración local.

Así, tras a deliberación arredor dos 96 textos presentados polo alumnado, divididos en dúas modalidades (Primaria e ESO), o xurado decidiu outorgar o primeiro premio a Lara Vidal Díaz, polo seu microrrelato ‘O corredor’ dentro da categoría de Primaria, e a Fuhao Zheng por ‘O dilema’, na clasificación da ESO. Ambos recibiron o premio dunha tablet/ebook.

A maiores, o xurado tamén designou aos segundos clasificados de cada categoría, recibindo neste caso un lote de libros coma galardón. O texto ‘O asasino do soto’, de Natalia Filgueira Kempa, conságrase coma finalista desta edición en Primaria e ‘Anxos e Demos’, de Jorge Pena León, dentro da modalidade da ESO.

Dende a concellaría de Cultura resaltaron a boa acollida que recibe o certame literario ano tras ano na vila, sempre superando os máis de 90 relatos, e parabenizaron tanto aos gañadores e finalistas como á mocidade que se animou a presentarse, ao entender que é unha maneira de incentivar a expresión artística dos rapaces e rapazas, conectándose co eido literario.

O xurado estivo conformado por Rocío Pena, Conchi Cambeiro, Yolanda Castro, docentes no CPI As Mirandas, e Alma Barrón, edil de Cultura na localidade, tomando coma referencia á hora de valorar os microrrelatos a orixinalidade da temática, a claridade da mensaxe e a estrutura, así como os trazos estilísticos na escrita, entre outros criterios.

Lea también

Ya está en marcha un nueva rondalla en Ferrol, «Nas ondas do Mar», tras la ruptura con el Club de Campo

Tras una leve la tempestad en el mundo rondallístico ferrolano al notificar el Club de …