Ares conta con obradoiros, doces e literatura pola Semana do Libro

Esta semana arranca unha programación cultural especial na vila de Ares, toda directamente vencellada coa celebración do Día do Libro este 23 de abril.

A maiores da presentación xa realizada de ‘Cinza’, o cómic de Manel Cráneo que adapta unha novela de Xavier Alcalá, a concellaría de Cultura tamén programou varias actividades para os pequenos e adolescentes do municipio.

A biblioteca municipal de Ares acollerá o citado martes un obradoiro ás 16:30 h. para nenos de 4-6 anos, cun custe de 2 euros, mais tamén haberá espazo para a entrega de premios no IV Concurso de Microrrelatos (18:30 h.), coa materialización do fallo do xurado do certame literario que se promove en colaboración co CPI As Mirandas. Ademais, durante todo o día o equipo dinamizador da Alianza Aresana repartirá doces con forma de rosas aos usuarios que asistan á biblioteca.

Con todo, a programación chegará até o xoves 25 de abril, ás 18:00 horas, cun segundo obradoiro polo Día do Libro, mantendo o prezo de 2 euros, pero variando a franxa de idade e hora: será para crianzas de 7-11 anos e ás 18:00 horas.

As inscricións poden realizarse na páxina web municipal www.concellodeares.gal 

Lea también

Neda activa la reserva y venta anticipada de entradas para la obra “Heroínas cotiás”

La Casa de la Cultura de Neda acoge este viernes 22 a partir de las …