O castelo de Moeche acolle a representación “Castelao, un corazón á intemperie”

Ano Castelao!  “Castelao, un corazón á intemperie” representarase no castelo de Moeche para un público familiar. É unha das actividades que a área de Lingua da Deputación da Coruña lle ofrece ao Concello de Moeche. O Concello  homenaxea  a Alfonso Daniel Rodríguez Castelao autor dunha polifacética obra representativa de Galicia, sumándose deste xeito aos múltiples eventos e actividades que percorren os concellos galegos ao longo do Ano Castelao.

O luns 4 de agosto, ás 12:00 horas ofrécese o espectáculo familiar “Castelao, un corazón á intemperie” no Castelo de Moeche, da Área de Lingua da Deputación da Coruña. A rapazada do campamento Sementeira será  a principal destinataria deste espectáculo mais estará aberto ao público en xeral. Entrada de balde.

Destacar asimesmo que o pleno aprobou  a proposta da Alcaldía e a Biblioteca municipal pasará a chamarse Biblioteca Alfonso Daniel Rodríguez Castelao  ademais de completar nos seus fondos o total da obra de Castelao.

Lea también

Última oportunidade en Neda para apuntarse ao taller intensivo de interpretación deste sábado

Últimos días para anotarse no taller intensivo de interpretación que terá lugar este sábado na …