Melloras nas instalacións do CEIP A Barqueira de Cerdido

O alcalde de Cerdido, Alberto Rey, recibiu no CEIP A Barqueira ao xefe territorial de Educación da Xunta de Galicia, Indalecio Cabana, para coordinar as obras de renovación do vestiario do patio que restaban para completar a actuación de mellora e mantemento das instalacións.

Durante a visita, Cabana anunciou que a Xunta de Galicia valorará tamén a posibilidade de levar a cabo a renovación do tellado do patio do centro, convertendo así o espazo nun local apto para realizar xogos e eventos durante todo o ano.

O rexedor, Alberto Rey, quixo subliñar “o compromiso, tanto do delegado de Educación como da Xunta de Galicia, á hora de amosarnos o seu apoio para realizar investimentos en distintas infraestruturas no noso municipio que redundan nunha mellora dos servizos para a nosa veciñanza”.

Rey recalcou que “todos estes investimentos están encamiñados a establecer unha ensinanza de calidade, que é unha das prioridades do noso equipo de goberno”

Lea también

La unidad móvil de donación de sangre estará el próximo martes delante de la Casa de la Cultura de Neda

Una unidad móvil de la Agencia de Donación de Órganos y Sangre (ADOS) se desplazará …